A directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, asistiu á primeira xornada do VII Congreso Nacional de Historia da Construción organizado pola Sociedade Española de Historia da Construción, a Universidade de Santiago de Compostela e o Máster Universitario en Renovación Urbana e Rehabilitación do Instituto Juan de Herrera, contando coa colaboración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Camino Triguero destacou no seu discurso o papel que xogaron as rutas xacobeas na difusión das distintas correntes arquitectónicas ao longo da historia e subliñou a importancia destas na propia infraestrutura e nas pontes, nas catedrais e mosteiros que pautan a ruta e, por suposto, nos seus centros urbanos e núcleos etnográficos.
Na apertura do congreso, que se celebra na Hospedería de San Martín Pinario ata o vindeiro sábado 29 de outubro, a directora xerente lembrou que a propia construción do Camiño Francés foi un acto consciente liderado polas monarquías dos séculos XI e XII, co propósito de vertebrar os seus reinos. Xunto ao desenrolo histórico da peregrinación compostelá difundíronse, ao longo do Camiño, as novidades técnicas e estéticas da construción, engadiu. Deste xeito, segundo Camino Triguero, a difusión e desenvolvemento destes coñecementos deron lugar, durante séculos, a unha floración construtiva concentrada no espazo sagrado do Camiño.
A responsable do Xacobeo resaltou a importancia do pulo construtivo dos camiños de Santiago que propiciou o deseño e realización de complexos edificios e humildes pallozas, elevación de muros e cubertas, arcos, bóvedas e pontes. Así tamén, Camino Triguero salientou a importancia do desenvolvemento do comercio e o auxe da arquitectura de vivendas, igrexas e palacios nas vilas e cidades.
A primeira edición do Congreso Nacional de Historia da Construción, de carácter bianual, celebrouse hai quince anos en Madrid. Entre os seus obxectivos destaca a promoción e difusión dos estudos neste campo e a contribución para que a historia da construción se converta nunha disciplina académica recoñecida no ámbito universitario nun futuro próximo.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.