
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, participou na presentación do primeiro tomo da colección Rosalía de Castro. Poesía Completa Ilustrada, editado por el Patito Editorial, que leva por título La Flor. A mi Madre e está ilustrado por Fausto. O director xeral asegurou que coa primeira entrega desta colección tan coidada queda demostrado unha vez máis que a mensaxe de Rosalía medra constantemente. O acto contou coa participación da editora, Gemma Sesar, e o ilustrador do libro, Fausto Isorna.
Francisco López destacou, no acto celebrado na Galería Metro de Santiago, que esta colección achéganos a unha Rosalía menos frecuentada, a esa grandísima poeta de vinte anos que escribía os poemas de La flor, ou a esa Rosalía de vinte e seis anos, que expresaba a súa dor e a súa soidade nos versos de A mi madre. Francisco López subliñou como este tipo de iniciativas amosan a nosa capacidade expresiva non ten límites, e que a nosa achega resulta imprescindible para a riqueza intelectual do mundo, na variedade e na confluencia de todas as identidades culturais.
No seu discurso, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos gabou a figura de Rosalía afirmando que tiña ese dominio exquisito da palabra, ese dominio que lle permitía romper os moldes clásicos do verso para lles dar novas harmonías, xurdidas dun talento excepcional. Coa primeira entrega desta colección tan coidada queda demostrado unha vez máis que a mensaxe de Rosalía medra constantemente, engadiu.
Doutra banda, Francisco López deixou constancia do traballo da Xunta de Galicia no ámbito da promoción do libro galego. Neste sentido, o director xeral lembrou como traballamos por facilitar o acceso lector a través da Rede de Bibliotecas de Galicia e a través das accións que se desenvolven en colaboración cos profesionais libreiros, e tamén para levalo ás cotas de exportación que merece, a través das feiras internacionais do libro, da tradución e da difusión polos medios ao noso alcance fóra do espazo xeográfico da nosa comunidade.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.