Notas de prensa

Compostela acolle en 2012 un seminario sobre o Camiño con universidades de USA

A celebración destes cursos é un dos principais acordos adoptados no Workshop on Pilgrimate Studies, celebrado en Washington e ao que asistiron representantes de corenta universidade de Estados Unidos e Canadá. O Xacobeo presentou a película The Way.

Washington acolleu esta fin de semana a reunión científica ‘Workshop on Pilgrimate Studies’, un encontro que contou coa presenza de representantes de corenta universidades de Estados Unidos e Canadá e no que se abordou o fenómeno das peregrinacións e o Camiño de Santiago. Unha das principais conclusións desta cita foi o acordo para que a cidade de Santiago de Compostela acolla entre os meses de maio e xuño de 2012 un seminario de investigación sobre as rutas xacobeas no que participarán alumnos dun consorcio de universidades de Estados Unidos e Canadá. Neste encontro tamén participou a directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero Salas, que mantivo contactos cos responsables da Biblioteca do Congreso de Estados Unidos para establecer vías de colaboración con diferentes entidades.

No ‘Workshop on Pilgrimate StudiesÂ’ participaron máis de 40 centros universitarios de Estados Unidos e Canadá, algúns deles considerados entre os cen mellores do mundo, como a Universidade de California-Los Ãngeles, Purdue University, Universidade de Michigan, Universidade de Florida, Washington University of Saint Louis, Universidade de Minnesota ou a Fordham University. Estes centros forman parte dun consorcio de universidades que están a desenvolver un plan de estudos sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións en xeral, dotando de rango curricular ás investigacións e experiencias sobre a Ruta Xacobea en diferentes campos, tales como relixión, estudos hispánicos, a antropoloxía, historia da arte, historia medieval ou socioloxía.

No marco deste encontro, presentouse e proxectouse aos asistentes e á prensa de Washington a película The Way, rodada no Camiño de Santiago coa colaboración da Xunta de Galicia e que durante estes días estase a estrear nos Estados Unidos. à presentación acudiron o director Emilio Estévez e o protagonista, seu pai, Martin Sheen, ambos os dous de orixe galega. Neste acto estiveron presentes numerosos membros da asociación de amigos do Camiño de Santiago, a American Pilgrim on the Camino, así como numerosos medios de comunicación de Washington.

Seminario sobre o fenómeno xacobeo

Segundo as decisións tomadas no ‘Workshop on Pilgrimate Studies’ celebrado esta fin de semana, o seminario de investigación que acollerá en 2012 Santiago de Compostela desenvolverase durante oito semanas. As dúas primeiras serán de introdución e levaranse a cabo nas diferentes universidades, mentres que as seis restantes serán xa en Santiago e no Camiño. Os alumnos farán, polo menos, unha semana de Camiño, aínda que o obxectivo é que percorran as rutas xacobeas durante un total de tres. Os estudantes que opten por facer só unha semana de camiñada, empregarán as dúas restantes en facer traballos de investigación en diversos centros de Galicia, como arquivos ou museos.

Os cursos que formarán parte deste seminario terán un carácter multidisciplinar e estarán dirixidos á formación de investigadores nas diferentes temáticas relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación. Os temas estarán concibidos a través dunha óptica que abrangue desde a historia á economía, socioloxía, influencia na saúde do feito de peregrinar ou o dereito internacional.

O prazo de inscrición neste seminario abrirase inmediatamente e está previsto que o impulsor deste seminario, George Greenia, visite a cidade de Santiago durante o próximo mes de decembro. O obxectivo da súa visita é preparar, en colaboración con técnicos da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a infraestrutura do curso e manter contacto con diferentes institucións. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo comprometeuse a colaborar na organización e no desenvolvemento dos cursos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES