Notas de prensa

Gómez Besteiro destaca o compromiso de Tosar coa provincia, “un lucense que fai lucensismo alá por onde vai”

O presidente da Deputación participa no acto de homenaxe que lle rendiron os veciños de Xustás ó actor, e que incluíu o descubrimento dunha praca conmemorativa da efeméride que acadou o Goya ó mellor actor pola súa interpretación en Celda 211.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou o domingo 25 de setembro na homenaxe que lle rendiron os veciños de Xustás ó actor Luis Tosar, con raíces nesta parroquia de Cospeito, e que contou ademais coa presenza do Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, así como dos pais e tíos do homenaxeado. Gómez Besteiro, amosou publicamente a súa satisfacción por participar neste acto, xa que “é un recoñecemento máis que merecido a un gran actor, pero sobre todo a un gran lucense. Porque a parte de ser un dos grandes profesionais da sétima arte deste país, hai un Tosar persoa, que fai lucensismo alá por donde vai. Grazas a ti, os Goya falaron galego por primeira vez e o pobo de Xustás converteuse por uns momentos, ó igual que hoxe, na capital do cine nacional”.

Neste senso, o titular provincial subliñou que “esta é a faceta do actor que máis nos gusta, a do lucense comprometido con Lugo e coa súa terra”. Por este motivo, a Deputación elexiuno para ser a imaxe da provincia na campaña turística que puxo en marcha no mes de marzo para promocionar Lugo, e a través da que un autobús dá a coñecer a riqueza paisaxística, gastronómica e hostaleira da provincia polas principais cidades do norte de España. “Durante moito tempo estivemos mirando cara fóra, cando o verdadeiro tesouro estaba dentro, por iso cremos que a imaxe de Tosar era o mellor escaparate deste bus co que damos a coñecer o extraordinario patrimonio que temos”.

Agradecementos a Besteiro

NotaA asociación de veciños de Xustás organizou esta homenaxe coa colaboración da institución provincial. A este respecto, o Presidente deste colectivo, Gonzalo Rodríguez, agradeceu o apoio recibido por parte de Gómez Besteiro xa que “sen el non poderíamos celebrar este acto”. Na mesma liña se pronunciou o Presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, que destacou que “necesitábamos unha institución sensible con esta idea como a Deputación de Lugo, e moi especialmente como o seu Presidente, José Ramón Gómez Besteiro quen puxo ó servizo da asociación todos os medios necesarios”. Por este motivo, o titular provincial foi agasallado cun cruceiro galego.

Precisamente, tamén foi Besteiro quen fixo entrega a Luis Tosar do escudo da provincia de Lugo. Posteriormente, procedeuse ó descubrimento dun monolito cunha placa conmemorativa desta efeméride que permitirá manter viva a figura do actor no lugar no que naceu. A Fundación TIC tamén se sumou ó recoñecemento dos veciños, amigos e seguidores de Tosar coa gravación dun DVD que recolle todos os actos da homenaxe.

A elaboración do vídeo, que contou coa participación de bolseiros da Escola de Imaxe e Son, forma parte do convenio de colaboración asinado entre a TIC e a Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo á que pertence a Asociación Xente de Xustás, encargada de organizar a homenaxe en colaboración coa Deputación. Ademais de dar difusión ás actividades que organice a Federación, o obxectivo do acordo é a formación dos bolseiros da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, para contribuír á súa inserción laboral.

Un chairego ilustre

Tosar manifestou que “viña cara aquí e estaba moi nervoso porque sabía que este ía ser un momento moi especial. Agora que nos xuntamos todos aquí, sinto unha enerxía cercana porque estou rodeado de familia. É un orgullo que recoñezan o que fago e resultame raro escoitar todo isto nas miñas orixes, onde pasei os mellores momentos da miña vida”. O actor lembrou algunha das súas anécdotas coas que bromeou, provocando a risa dos presentes. “Aquí vestíame de aventureiro para ir ó río.. faciamos furtivimo. Algo de Malamadre vén de Xustás...de andar furtiveando¡.Ibamos buscar ouro, daquela estabamos convencidos de que aquí o había¡”. Neste senso, tamén quixo “facer unha lembranza a un compañeiro de aventuras, José Luís Mayor Balboa, que non tivo a oportunidade de vivir esto”.
Nota
A cerimonia comezou ás doce da mañá nas inmediacións do edificio do vello teleclub e contou con animación a cargo dun grupo de música tradicional galega e rematou cun ágape.

Luis Tosar, nacido en Xustás en 1971 e gañador de tres premios Goya polas súas interpretacións en “Los lunes al sol”, “Te doy mis ojos” e “Celda 211”, sempre se amosou orgulloso das súas orixes lucenses e chairegas. Con esta homenaxe, os veciños da súa parroquia natal quixeron manifestarlle o seu aprecio e admiración por promocionar os nomes de Xustás e Lugo. O actor destaca como cantante. Precisamente, actuará xunto coa súa banda “Di Elas” o vindeiro día 4 de outubro dentro da programación do San Froilán. Será a partir das 21:00 horas, na Horta do Seminario, logo da lectura do pregón que correrá a cargo do escritor Paco Martín.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2011-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES