
NORTRANS pecha as portas convertido no esceario no que botou a andar o Clúster de Loxística e Transporte de Galicia, que consolidou nesta xornada o seu proceso de constitución. As Xornadas Técnicas de Viaxeiros e Mercadorías concluíron coa creación dun acordo entre o futuro Clúster e o xa existente do sector Agroalimentario para aproveitar as plataformas que a Confederación de Empresarios de Galicia desenvolve no exterior, para impulsar a internacionalización agrupada de produtos agroalimentarios, aproveitando as antigas oficinas no exterior do IGAPE.
Logo de contar con ó redor de 3.000 visitas, Nortrans conclúe convertido nun centro de negocios do sector onde se pechou operación de venda de varios vehículos, tanto de viaxeiros como de mercadorías. A feira, que medrou un 30% en superficie nesta edición, presentou as últimas novidades en produtos e servizos nunha vintena de sectores.
A Asociación Empresarial de Mercadorías por Estrada, APETAMCOR, celebrou hoxe en Nortrans unha xornada de convivencia, que contou coa presenza de centos dos seus socios, na que entregou as distinticións a transportistas Selo de Boas Prácticas Preventivas e Selo de Calidade 5 anos. Ademais, fíxoselle unha homenaxe póstuma ó expresidente de APETAMCOR, Ricardo Díaz.
Por outro lado, a Federación Galega de Transporte de Mercadorías, FEGATRAMER, celebrou tamén unha xunta directiva.
Clúster da Loxística e Transporte de Galicia
A loxística foi o fío conductor da sesión das Xornadas. A cadea de loxística e transporte, un sector que da emprego en Galicia a máis de 20.000 persoas, o que supón ó redor do 4,87% do total do Valor Engadido Bruto (VEB) xerado polo sistema empresarial privado da Comunidade Autónoma e un 4,37% do total da produción. Agárdase que estas cifras aumenten dado que existen evidencias en Europa de que as empresas asociadas a un clúster crecen por enriba da media de empresas do seu sector. O Clúster do Transporte e a Loxística de Galicia conta na actualidade cun conxunto de 71 empresas e organizacións relacionadas co este sector.
Segundo informa este Clúster, Galicia é unha rexión loxística situada moi favorablemente con respecto ao transporte marítimo internacional, que pode actuar como impulsor e motor de arrastre do conxunto de actividades de loxística e transporte de mercadorías, tales como o almacenistas, transporte por estrada ou transporte ferroviario, entre outros. Este clúster nace coa idea de ser un elemento integrador das diversas actividades de loxística e transporte de mercadorías, desenvolvendo actuacións que beneficien a toda esta cadea de actividades empresariais. E de forma indirecta, beneficiarán á mellora competitiva do conxunto da economía de Galicia a través da súas actividades da cadea de subministro, loxística, transporte e distribución.
Ademais da mesa redonda do Clúster, hoxe celebrouse una mesa redonda sobre as plataformas loxísticas onde os empresarios aproveitaron para pedirlle á Administración que flexibilice e faga competitivo o prezo do metro cadrado nos polígonos industriais e loxísticos para que lle resulte rentable ó empresario, poida establecerse nel para reducir o número de polígonos e áreas industriais valeiros.
As vindeira cita feiral en Expourense terá lugar entre o 23 e o 25 de setembro coa celebración da 11ª edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.