
A Sociedade Galega do Medio Ambiente adéntrase nun estudo de viabilidade que ten por obxecto analizar a posible implantación, a modo de programa piloto, das denominadas illas de reciclaxe nos centros escolares galegos; unhas infraestruturas que estarían conformadas por distintos colectores de recollida selectiva, de 90 ou 120 litros de capacidade, destinados a acoller os envases lixeiros (bolsa amarela), o papel e cartón, e a parte non reciclable (bolsa negra). Así mesmo, valorarase a posibilidade de dotar aos colexios que contan con servizo de comedor escolar dun ou dous composteiros nos que depositarían os restos de alimentos para a fabricación de compost, un abono natural a utilizar como fertilizante de alta calidade nos xardíns e hortas dos propios recintos.
Trátase dunha iniciativa pionera coa que se pretende promover a participación da comunidade educativa no sistema de recollida selectiva a través da formación e a aplicación real dos coñecementos adquiridos. Para isto, profesores, alumnos e persoal auxiliar recibirían a información necesaria para materializar esta actuación, na que se terían en conta, entre outros, os condicionantes xeográficos, loxísticos e poboacionais, así como a colaboración dos concellos a nivel de recollida e axeitada xestión das distintas fraccións de residuos.
Con este proxecto, Sogama quere dar resposta ás numerosas peticións trasladadas polos centros a raíz da difusión da quinta edición da campaña educativa Ti es a peza que falta, e que durante o período académico 2010-2011 centrou a súa atención na separación de refugallos en orixe e correcto depósito dos mesmos nos colectores habilitados para tal fin nas vías públicas.
A iniciativa, bautizada co eslogan Convírtete nun superheroe da reciclaxe, e á que se adheriron máis de 4.000 escolares, corroborou a alta receptividade deste sector cara as mensaxes medioambientais, considerando que a mellor forma de interiorizar as recomendacións en materia de segregación de residuos era levalas á práctica nos propios colexios.
Aínda que o estudo se atopa en fase inicial, espérase obter as primeiras conclusións a principios de curso, o que daría pe a implantar un proxecto piloto nun total de 10 centros; unha experiencia que, de ser exitosa e contar cos medios necesarios, podería ser extrapolada a outros centros.
OS ESCOLARES, UNHA GARANTÍA PARA O FUTURO DO MEDIO AMBIENTE
A alta sensibilidade ambiental da comunidade educativa está fóra de toda dúbida. O medio ambiente foise incorporando ás distintas disciplinas académicas como unha temática transversal que, a día de hoxe, está plenamente afianzada.
O programa de visitas ás instalacións de Sogama así o acredita. Das 52.000 persoas que formaron parte do mesmo desde o ano 1999, unha alta porcentaxe estaba conformada por escolares e docentes procedentes de distintos puntos de Galicia. Os que proban, repiten. Tanto é así, que en moitos colexios xa se instaurou a visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda como actividade formativa de carácter obrigatorio polos seus notables beneficios sociais. Os pequenos teñen a oportunidade de descubrir o auténtico problema que representa o lixo que producen a diario e a importancia de contar con infraestruturas axeitadas que permitan sometelo a un tratamento viable e sostible; así se pronunciaban diversos responsables de grupo tralo percorrido guiado polas plantas que conforman o Complexo cercedense, previas explicacións realizadas polos educadores medioambientais ao servizo de Sogama.
Son moitos os que aseguran que, tras coñecer en primeira persoa o labor desta empresa, o seu comportamento cambia de forma sustancial, xa que toman conciencia da importancia da súa colaboración para minimizar a produción de residuos e propiciar o seu posterior reciclado, contribuíndo desta forma ao aforro de enerxía e materias primas virxes.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.