
A ConsellerÃa de Cultura e Turismo promove do 4 ao 7 de setembro un encontro entre operadores turÃsticos e xornalistas españois e internacionais especializados en golf co sector turÃstico deste deporte de Galicia. O obxectivo desta viaxe de familiarización (Fam Trip) é a promoción do primeiro Campionato de Nacións do Camiño de Santiago (CNCS), que organiza Turgalicia dentro do Plan de Acción de Turismo de Golf de Galicia 2010-2013. Este encontro permitirá a creación dun marco de relacións entre a industria turÃstica de Galicia e as canles de distribución europeas especializadas na promoción do golf, que van comercializar o evento, e forman os equipos que representarán cada paÃs no campionato.
A primeira edición do Campionato de Nacións do Camiño de Santiago responde a un dos piares da estratexia de comercialización do plan de accións 2010-2013 de turismo de golf de Galicia. Consiste na celebración dun torneo de relevo internacional, cuxa primeira edición terá lugar no ano 2012, que enfrontará a xogadores de golf dos diferentes paÃses de onde nace ou transcorre o Camiño de Santiago. Este evento permitirá atraer os mercados europeos de golf a Galicia, aproveitando o seu recoñecemento e a fortaleza que posúe a súa imaxe exterior grazas á ruta xacobea.
Esta acción terá a súa clave na realización dun encontro en Galicia previo ao CNCS que permitirá facilitar a contratación e comercialización dos servizos e testar o programa previsto do evento. O obxectivo é que nese escenario se produza a contratación e o establecemento de relacións comerciais máis sólidas. Ademais, vai converterse no motor de arranque do CNCS, onde se percorrerán os produtos e paquetes creados para comercializar o noso destino de golf en Europa. A acción realizarase baixo un formato Fam Trip, no cal se inclúe un campionato piloto para os asistentes.
Os obxectivos principais deste encontro son dar a coñecer Galicia como destino de golf a través dos seus campos de golf e servizos complementarios; mostrar aos operadores turÃsticos asistentes o produto concreto con distintas opcións para ser incluÃdo nos programas especÃficos de golf en Europa; e presentar o programa del I Campionato de Golf 2012, de Nacións do Camiño de Santiago. Dada a similitude de servizos que se inclúen no Fam Trip, con respecto ao programa do campionato, enténdese a mellor forma de presentar o programa.
Mostrar a infraestrutura turÃstica galega
Este evento está dirixido a operadores turÃsticos e prensa nacional e internacional especializados en golf, dentro dunha selección de operadores máis interesantes que representen aos paÃses que dalgún xeito están vinculados co Camiño de Santiago, sendo os paÃses por onde nace ou transcorre a ruta xacobea: España, Portugal, Francia, Italia, SuÃza, Alemaña, Reino Unido, Irlanda, PaÃses Baixos, Bélxica, República Checa e Austria.
Estableceuse contacto co público obxectivo a través da Asociación Galicia Destino Golf (AGDG), membro da International Association of Golf Tour Operators (IAGTO), co obxectivo de facer unha selección dos principais canais de intermediación e comunicación, emisores de xogadores de golf cara a Galicia. A Asociación Galicia Destino Golf, entidade colaboradora do evento, porá a disposición dos asistentes do Encontro, a súa oferta de servizos de golf durante os dÃas do evento e nun work-shop que terá lugar o dÃa 8 de setembro.
A previsión e que neste encontro participen 16 operadores turÃsticos (4 Irlanda, 4 Alemaña, 1 Reino Unido, 1 Bélxica, 1 PaÃses Baixos, 1 Portugal, 1 Italia e 3 España), 12 xornalistas (5 Francia, 2 Bélxica, 1 Austria, 2 Alemaña e 2 Reino Unido) e 2 membros da IAGTO. O itinerario deseñado pretende dar a coñecer destino Galicia a través dos seus campos de golf, os seus servizos, paisaxes, gastronomÃa e as súas xentes. A estanza estará dividida en dúas zonas perfectamente diferenciadas, tanto polo seu ámbito natural, coma polas caracterÃsticas dos seus servizos complementarios.
A gastronomÃa será un dos grandes atractivos desta viaxe, na que se incluirá a celebración dun campionato de golf entre os participantes. Ademais, como actividades complementarias, incluÃuse unha cea medieval, un paseo en barco pola rÃa e unha cata de viños. A visita a Santiago de Compostela, realizarase o último dÃa, sendo o broche final da viaxe.
FotografÃa: Turgalicia
En 2025, Lara Weed e Jamie M. Zeitzer, da Universidade de Stanford, publicaron un artigo no que se relacionaba a práctica do cambio estacional de hora con aspectos negativos para a saúse, tanto de sintomatoloxÃa aguda (infartos ou accidentes cerebrovasculares), como crónica (obesidade). Agora, os profesores José MarÃa MartÃn Olalla, da Universidade de Sevilla, e Jorge Mira Pérez, da Universidade de Santiago de Compostela, tras analizar a metodoloxÃa aplicada neste estudo, constataron que 'o que o mundo leu como unha evidencia cientÃfica contra o cambio de hora resultou ser unha ilusión matemática'.
Un total de 15.733 persoas concorrerán ás oposicións de Educación deste ano 2026 segundo a listaxe provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. Cómpre lembrar que, froito do acordo entre a ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP e os sindicatos CC.OO., ANPE, UGT-SP Ensino e CSIF, como novidade nesta ocasión os interinos non teñen a obriga de presentarse ao exame, co obxectivo de axilizar o proceso. Isto provoca un descenso de case o 23% nas probas respecto á convocatoria do ano pasado. En concreto, 4.689 aspirantes menos. A Xunta de Galicia convoca para este proceso un total de 1.601 prazas, o que supón esgotar o 120% da taxa de reposición marcado polo Estado.