Notas de prensa

A Xunta porá en marcha en Novembro un proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, porá en marcha no mes de novembro o Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos ‘Ways of Solidarity-Camiños de Solidariedade’, co obxectivo principal de desenvolver un intercambio de aprendizaxe intercultural entre voluntarios e voluntarias sénior de España e Reino Unido.

Esta acción encádrase dentro da programación especial que, co gallo do Ano Europeo do Voluntariado, está a desenvolver a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e se trata da primeira experiencia deste tipo en Galicia.

En total, a Xunta enviará 4 voluntarios galegos a Belfast (Irlanda del Norte), dous este ano e outros dous o próximo, e en 2012 acollerá outros 4 procedentes da organización Bryson Charitable Group de Belfast. O proxecto ten una duración de dous anos, desde o 1 de agosto de 2011 e ata o 31 de xullo de 2013.

Para esta primeira fase, que se desenvolve este ano, búscanse dous persoas de entre 50 e 70 anos que estean motivadas para participar nunha experiencia de intercambio cultural e servizo á comunidade, ofrecendo os seus coñecementos e habilidades. As dúas persoas seleccionadas viaxarán a Belfast (Irlanda do Norte) do 3 ao 23 de novembro de 2011, (3 semanas), co obxectivo tamén de participar en actividades culturais e colaborar en proxectos de voluntariado social, traballando xunto aos voluntarios locais apoiando individuos, grupos ou comunidades vulnerables.

No proxecto poden participar voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 50 anos no momento da súa participación, non se requiren habilidades específicas, pero si un coñecemento básico do inglés.

O custe para tomar parte desta iniciativa é gratuíto, ofertándose aos voluntarios e voluntarias aloxamento e pensión completa no albergue elixido, o desenvolvemento dun programa de actividades e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o 15 de setembro.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta iniciativa ou que desexen aclarar algunha dúbida, poderán enviar un correo electrónico ao enderezo caminosdesolidariedade.traballo@xunta.es indicando o nome, correo electrónico e teléfono de contacto. En caso de desexar contactar por teléfono, poden chamar ao número 981 54 02 73.

Este proxecto europeo, subvencionado polo Programa Grundtvig dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea, ten como finalidade animar aos maiores de 50 anos a servir á comunidade e desenvolver o seu coñecemento dentro dun contexto intercultural. Isto lograrase a través da realización de actividades voluntarias noutro país da Unión Europea o que promoverá a cidadanía activa da sociedade europea. Tamén gañarán coñecemento e habilidades que reforzarán a mensaxe de que a idade non impide que a xente aprenda.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende introducir a estes voluntarios sénior, nas súas comunidades, en cidadáns activos, tanto no estranxeiro coma localmente. Deste xeito, cando os voluntarios e voluntarias volvan á casa, poderán continuar realizando este labor nas súas propias comunidades locais.

Consellería de Traballo e Benestar , 2011-08-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES