Notas de prensa

O concello de Lugo organizará a VII edición do concurso de Tapas de Lugo

Un total de 40 establecementos poderán participar no concurso que se celebrará entre o 9 e o 25 de setembro. O éxito está asegurado, o presidente da Asociación Provincial de Hosteleiros que sinalou que na pasada edición se serviron máis de 40.000 tapas.

O tenente-alcade do concello de Lugo, Antón Bao, presentou hoxe, xunto co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelaría, Cheché Real, a VII edición do concurso de Tapas de Lugo. A partir de mañá estará aberto o prazo de inscripción para tódolos establecementos que queiran participar. Poderán participar os establecementos de hostalería do concello de Lugo. Serán admitidos no concurso un total de 40 establecementos mediante rigurosa orde de inscrición. O prazo de admisión das solicitudes de
participación será entre o 17 e o 24 de agosto. A solicitude de participación farase a través do fax 982.29.71.06. As tapas terán un custo de entre 1€ e 3€.

Bao anunciou, como novidade, que “coincidindo co Congreso Mundial do Xamón, introdúcese unha categoría especial na que participarán aquelas tapas que teñan como ingrediente principal o xamón”. Nesta modalidade poderán participar todos os establecementos inscritos. Cheché Real valorou como positiva este iniciativa como “un xesto importante que se suma á celebración
do congreso que vai reunir en Lugo a tódalas denominacións do orixe de xamón do mundo”. Asimesmo mantense o premio á tapa que mellor maride co viño da D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use ese viño como ingrediente.

Respecto ás distintas categorías, Bao explicou que “Cada establecemento deberá elaborar unha tapa nas categorías creativa ou tradicional” e “unicamente se poderá concursar nunha das 2 modalidades de tapa creativa ou tradicional”. Como máximo haberá 20 participantes en cada unha destas modalidades. Establécense 8 premios en total: 1 º premio de tapa creativa; 2º premio de tapa creativa; 1º premio de tapa tradicional; 2º premio de tapa tradicional; premio á tapa que mellor maride co viño da d.o. ribeira sacra ou que mellor use ese viño como ingrediente; premio á tapa que mellor use o xamón como ingrediente principal.

Outra das novidades que introduce este ano o concurso é, segundo o responsable de turismo do concello, que “entre as persoas que degusten as tapas e acaden os 12 selos dos diferentes establecementos poderán participar no sorteo dunha viaxe de tipo enolóxica para duas persoas valorada en 1200 euros, 10 entradas para o Club Termal do Gran Hotel de Lugo, 4 estancias de fin de semana no Hotel Husa Puerta de San Pedro e unha estancia para 2 persoa nun aloxamento rural”. Ademais entre todos os cupóns depositados nas urnas e votos recibidos por Internet sortearase un xamón co seu correspondente xamoneiro e 3 lotes de viño da D.O. Ribeira Sacra.

O público decidirá

Os premios decidiraos o público que visite o establecemento, para esto instalaranse urnas en cada un dos cuarenta locais participantes. Tamén se poderá votar vía internet accedendo á páxina web www.lugoturismo.com. Unicamente se admitirá un voto por persoa para cada establecemento, non se admitirán tarxetas de votación sen o DNI. Os consumidores das tapas atoparán nos establecementos o plano da ruta do tapeo, no reverso do plano aparecerá un recadro por cada establecemento participante, onde os empresarios imprimirán o seu selo cada vez que sexan visitados polo cliente.

O público decidirá cos seus votos os 20 establecementos semifinalistas que optarán a conseguir os premios de votación polo xurado. Os integrantes do xurado de finalistas encargaranse de seleccionar as 8 tapas que pasarán á final. Na final os 20 establecementos semifinalistas presentarán as súas tapas no Gran Hotel de Lugo, e serán degustadas polo xurado nomeado polo Concello de Lugo.

Medios propios para o concurso deste ano

Antón Bao salientou ou que este ano, dende o concello, “fíxose unha redución importante que non vai en detrimento do desenvolvemento do concurso”. O tenente-alcalde afirmou que “será o persoal do concello quen asuma o traballo da organización e esto suporá un aforro de preto do 50% este reducción ronda os 15.000 euros que custará menos que o ano pasado”. Bao informou que para axustar o gasto no concurso “non se traballará con empresas externas para a organización do concurso, o que nos permitirá este importante aforro” Bao agradeceu ao persoal da área de cultura e turismo o esforzo e o interés demostrado para levar a cabo esta VII edición do evento.

Concello de Lugo, 2011-08-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES