
Dos días 27 ao 29 de xullo celebrarase o II Simposio de Compostaxe, en Ribadeo (CFEA Pedro Murias), organizado pola Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), en colaboración co Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, entre outras entidades.
Na inauguración (prevista ás 10:30hrs) estarán presentes o director do CETAL, Eduardo Vidal, e representantes do concello Ribadeo, da SEAE, da Universidade de Santiago, da consellería do Medio Rural, e da Deputación provincial de Lugo. Confirmaremos estes datos o martes 27 de xullo.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.