
Palas de Rei pasa a converterse por un dÃa, e por primeira vez, no lugar de celebración dun dos eventos máis destacados a nivel galego de acollida deste singular colectivo de galegos de distintas xeracións e procedencias que nun momento da súa vida e por diversas circunstancias tiveron que deixar a súa terra na procura dun novo modo de vida.
Esta VI Xuntanza da Emigración, tamén bautizada como “Galicia dentro e Fora” está organizada polo Concello de Palas de Rei e a Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemania, que agrupa a 13 entidades galegas que actualmente existen no pais xermano e conta coa colaboración da SecretarÃa Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
Este evento desenrólase nun dos enclaves naturais máis detacado deste municipio lucense, a Ãrea Recreativa de Vilar de Donas, un espazo natural, ao carón do rÃo Lestedo, de 4 hectareas de superficie verde que foi inugurada como Ãrea Recreativa no ano 2008 e que se atopa a uns metros dun dos monumentos máis destacados das expresións artÃsticas do románico e gótico do municipio no que se asenta, como é a Igrexa de Vilar de Donas.
Aos máis de 1.500 emigrantes que inicialmente se estima que participarán nesta Xuntaza hai, ademais, que engadirlle ó redor dúnhas 800 persoas pertencentes ao colectivo da Terceira Idade en Palas de Rei quenes tamén celebran ese dÃa e nese lugar unha nova edición da Festa da Terceira Idade de Palas de Rei que organiza o Concello Palense.
A Xuntanza comprende unha serie de actividades que incluen: misa solemne, un xantar campestre no que non faltarán os productos galegos como: as empandas, o churrasco, o becerro a brasa e o queixo da Ulloa. Ademais tamén habrá un festival de Folclore con actuacións musicais diversas: Orfeón do Carballiño, a Charanga do Concello da Baña, a Banda de Gaitas de Verea (Ourense) e a Orquesta Alianza. No transcurso da xornada terá lugar a entrega de 15 medallas de plata a diferentes personalidades da sociedade galega que destacarón por a súa labor a favor da emigración, entre os agraciados faráselle entrega da medalla de Ouro da Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemania ao Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba.
Inspirada no Camiño da Traslatio, Saias do mar é un espectáculo de danza contemporánea que homenaxea a muller galega como forza ancestral ligada ao mar. A peza transforma o corpo nun territorio fluÃdo e propón unha lectura coreográfica do feminino como memoria viva e indómita, depositaria dunha herdanza espiritual e simbólica, vencellada á ruta sagrada que trouxo o corpo do apóstolo Santiago por vía marítima ata estas terras. Juan Miguel Hernández é o autor da coreografÃa desta montaxe dirixida por Nerea Andrés, e ambos forman tamén parte do elenco xunto a Dayron RodrÃguez, Irene Lorenzo, Laura Pereiras, LucÃa Fontenla, Alba Fariña e Zoe Amor. A proposta, de 40 minutos de duración e pensada para poder executarse en todo tipo de espazos, complétase cunha selección musical de Rosa Cedrón, Daniel Minimalia e Luar na Lubre, vestiario de Santos Salgado e atrezzo de Elva Bernat.
O presidente da Xunta informou de que a Xunta vén de solicitar ao Goberno central 'que suspenda de inmediato a reforma do Regulamento de Costas' porque 'invade competencias exclusivas de Galicia e vulnera os dereitos dos titulares de concesións do litoral'. O Goberno autonómico lembra que, nos termos actualmente previstos, este regulamento non se adecuarÃa ás exixencias da Comisión Europea nin ao propio Dereito comunitario.