Notas de prensa

Especial Destinos Atlánticos promove o turismo de peregrinación

Cultura e Turismo presenta o produto turístico Especial Destinos Atlánticos, unha iniciativa que promove o turismo de peregrinación en España, Irlanda, Francia e Portugal ao abeiro do programa europeo Ultreia polo que galicia agarda aumentar o número de viaxeiros.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, presentou o produto turístico Especial Destinos Atlánticos, unha iniciativa que promove o turismo espiritual e de peregrinación a Galicia no mercados de España, Francia, Portugal e Irlanda. Este proxecto enmárcase dentro do programa europeo de turismo Ultreia.

O acto de presentación serviu ademais para formalizar o acordo cos turoperadores dos catro países nos que se comercializará este produto: Celtic Footstep Tour (Irlanda), Férias Alentejanas, Lda (Sur de Portugal), Mont-Saint-Michel-Voyages (Francia), Turel/TCR - Desenvolvimiento e Promoção do Turismo Cultural e Religioso e DRL(Norte de Portugal). O turoperador galego responsable da venta do produto en España é a axencia Tee Travel, de Vilagarcía de Arousa.

O obxectivo do produto Especial Destinos Atlánticos é acadar un importante aumento de viaxeiros europeos a Galicia nos próximos anos a través do seu posicionamento en máis de 3.000 puntos de venta de España, Francia, Portugal e Irlanda. Deste xeito, diferentes empresas maioristas do sector turístico serán as encargadas de distribuír este produto nos catro países socios durante os anos 2011 e 2012.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES