
Producido pola Fundación Galiza Sempre e IB Cinema, o documental percorre os cento setenta últimos anos da historia política, social e cultural de Galiza. Dende o Rexionalismo do século XIX, ata Castelao e o Estatuto do ano 1936, dende a Transición Democrática ata o pasado recente, o documental é un percorrido por algunhas das principais experiencias e ideas que axudaron a conformar a nación galega.
Dirixido por Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Xapata o traballo reúne por vez primeira aos máis destacados especialistas e protagonistas na traxectoria do nacionalismo galego. A obra basease fundamentalmente nos testemuños das 27 persoas entrevistadas, directamente relacionadas coa traxectoria do galeguismo político: historiadores, teóricos, sindicalistas, políticos e intelectuais. A pluralidade de puntos de vista recollidos nunha única obra é un dos méritos da produción.
Máis de 30 horas de gravación deron finalmente en algo máis de hora e media na que interveñen, entre outros, Xusto Beramendi, Xosé Manuel Beiras, F. Fernández del Riego, Camilo Nogueira, Margarita Ledo, Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Pilar García Negro, X.L. Méndez Ferrin, Bautista Álvarez, Lidia Senra, Francisco Rodríguez, Anxo Quintana, Antón Moreda, Encarna Otero ou Xose Ramón Barreiro.
Con esta iniciativa preténdese divulgar a recente historia sociopolítica do País e as achegas do nacionalismo galego ao avanzo da democracia e as libertades. O documental recibiu o apoio da Deputación da Coruña, da Consellería de Cultura e da Televisión de Galicia.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.