Notas de prensa

Camiños dos sabores de Galicia, no proxecto Cantata 2

Camiños dos sabores de Galicia configúrase en torno aos queixos galegos, castaña e mel de Galicia e as aves de curral criadas tradicionalmente. Este produto turístico está enmarcado no proxecto Cantata 2, que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

O produto turístico “Camiños dos sabores de Galicia”, enmarcado no proxecto Cantata 2, que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ofrece estas últimas semanas de xuño unha serie de obradoiros relacionados con técnicas de relacións públicas nas visitas turísticas a explotacións e industrias agroalimentarias.

Máis de 70 entidades adheridos a este produto turístico, financiado con apoio dos fondos FEDER, asisten aos obradoiros que se están ofrecendo estes días nos municipios de Riós (Ourense), Folgoso do Caurel e Vilalba (Lugo) e Lalín (Pontevedra).

O produto turístico “Camiños dos sabores de Galicia” configurase en torno a catro produtos agroalimentarios, como son os queixos galegos, castaña e mel de Galicia e as aves de curral criadas tradicionalmente.

A finalidade principal é o conseguir un achegamento dos visitantes ao medio rural, aos procesos produtivos e á gastronomía, gozando da paisaxe e cultura da nosa comunidade.

Adaptación

Os obradoiros, impartidos por unha empresa especializada en turismo agroalimentario, perseguen difundir como se organizan e xestionan -dende o punto de vista turístico- as visitas a pequenas explotacións agroalimentarias, e contribuír a que estas empresas se adapten a recibir visitantes, asentando criterios de calidade no produto turístico.

Con estas xornadas tamén se pretende conseguir o fomento das ideas e da colaboración entre os participantes para lograr un aproveitamento dos recursos de cada zona.



Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES