Un total de dez novos valores da moda galega exporán a súa obra no centro comercial Dolce Vita da Coruña, no marco do circuíto da creatividade xuvenil, unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude dependente da Consellería de Traballo e Benestar.
O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, inaugurou esta mostra. Cada finalista exporá a súa colección durante un período de doce días, polo que a mesma rematará en novembro.
Ovidio Rodeiro destacou que a promoción da creatividade xuvenil é un dos eixes de actuación prioritarios dentro da Estratexia Xuventude 2013, que engloba as políticas dirixidas á mocidade dende todos os departamentos da Xunta de Galicia.
No marco deste esforzo por promover aos novos valores, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado desenvolve unha serie de actuacións para divulgar a creatividade xuvenil galega en sectores tan diferentes como música, teatro, artes plásticas ou deseño de moda, co obxectivo de dar continuidade ao esforzo creativo a través da organización de exposicións, concertos e actuacións en diferentes localidades galegas.
O primeiro creador que mostrará a súa proposta no centro comercial Dolce Vita será Alberto Neves, con Leche, principio del proceso de la desnaturalización. O resto de deseñadores son Javier Nogueira, con A ilusoria demencia de Juana I de Castela; Diana Díaz, coa colección We are; Eva Soto, coa colección Paxaros na cabeza; Antía López, coa súa colección About the shirt; Raquel Pereiro, con Melting pot; María Fente, coa colección El ángel azul; Leticia Blanco, con Oxford versus Cambridge; Alba Bermúdez, con Apollo 11; e Isabel Piñar, con Future - looking back.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.