Notas de prensa

Presentada a oferta de Formación Profesional para o curso 2011-12

Na relación de ciclos presentada pola Consellería de Educación, e que pode ser consultada no Diario Oficial de Galicia, quedan desmentidas as acusacións sobre o número de ciclos suprimidos, según xustifica a Xunta de Galicia.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia do mércores, 15 de xuño, a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario en modalidade presencial, co fin de que todas as cidadás e cidadáns que estean interesados en cursar estas ensinanzas poidan consultala. Deste xeito, o departamento dirixido por Xesús Vázquez amosa unha actitude de total transparencia respecto desta oferta para o vindeiro curso, tal e como vén facendo desde que se presentara na Consellería a nova folla de ruta da FP galega.

A oferta foi presentada en rolda de prensa a semana pasada, tanto na Consellería como nas catro provincias. En cada unha destas roldas explicouse polo miúdo a oferta de ciclos, así como os casos puntuais nos que non se ofertará algún ciclo, ben por extinción da titulación, ben por traslado, entre algunhas das razóns.

Cómpre lembrar que o reordenamento da oferta de FP permitirá xerar 1.114 novas prazas o vindeiro curso nas cidades e grandes vilas, grazas á creación de 7 novos centros integrados de FP. Así, no curso 2011/2012 implantaranse 166 ciclos en réxime presencial con currículos adaptados ás necesidades socioprodutivas de Galicia en 86 centros da rede de centros de FP de Galicia, e 30 novos ciclos formativos en 22 centros.

Ademais, a FP a distancia esténdese ás 4 provincias galegas, pasando dunha oferta de 100 prazas no presente curso ás 400 no 2011/2012.

Acusacións infundadas

Coa publicación hoxe no DOG da oferta en réxime ordinario - a modular a distancia será tamén publicada en datas vindeiras- quedan desmentidas por si mesmas as acusacións verquidas sobre a suposta supresión de ciclos formativos.

De feito calquera cidadán pode contrastar a oferta hoxe publicada coas afirmacións da Confederación Intersindical Galega (CIG), e comprobar que o ciclo medio de Montaxe e Mantemento de Instalacións de Frío, Climatización e Produción de Calor se sigue a ofertar co novo currículo Instalacións frigoríficas e de climatización, xa adaptado ás esixencias da LOE e da Lei das Cualificacións Profesionais. Ademais, a oferta nesta familia completarase no réxime modular para adultos co ciclo medio de Instalacións de produción de calor, tamén de currículo novo.

Do mesmo xeito, o IES Fernando Wirtz da Coruña non só mantén a oferta do ciclo superior de Desenvolvemento de aplicacións informáticas no novo currículo adaptado do grao superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, senón que a ampliará, tal e como xa foi anunciado pola Consellería, co ciclo superior no réxime modular para adultos en Desenvolvemento de aplicacións web

Entre outros dos ciclos dos que a devandita organización sindical afirmou que serían suprimidos, pode comprobarse que tanto o IES Sección de Sobradelo- Carballeda como o CIFP de Someso seguen a ofertar o ciclo medio de Cubrición de edificios: lousas, ou que o IES de Valga segue a ofertar o grao superior en Construcións metálicas.

Seguindo unha análise máis pormenorizada, pódese apreciar a falta de rigor das informacións achegadas sobre a suposta supresión, que fan referencia a ciclos que ven adaptado o seu currículo, ou ciclos extinguidos e para os que non existe un novo que o substitúa.

Neste sentido cómpre lembrar a total transparencia da Consellería respecto deste asunto, que deixa sen fundamento algún as devanditas acusacións.




Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES