Notas de prensa

O Cetal organiza, financia e da continuidade ao programa-coaching do Ministerio de Medio Ambiente

A Coruña será o punto de encontro desta iniciativa da fundación lucense en Galicia. Constará de seis xornadas de sensibilización en España.

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo encargarase, este ano, da organización, financiamento e de dar continuidade ao programa de alta formación - Coaching do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, logo do éxito acadado na última convocatoria do mesmo. Neste senso, explican dende a Fundación, que desenvolverán 6 Xornadas de Sensibilización (Iniciación), en Oviedo, Córdoba, Zaragoza, Madrid, Málaga e Galicia; seis Procesos especializados de habilidades directivas e liderado Nivel I; dous Procesos especializados de habilidades directivas e liderado Nivel II; e 15 Procesos de Coaching Individual Executivo.

O programa, que comezará o vindeiro 21 de xuño, en Córdoba, e que durará ata finais deste ano, conta coa colaboración do MARM e levarase a cabo en importantes institucións referentes do sector das diferentes cidades españolas, como o MARM en Madrid, o Instituto Español de Alimentación Mediterráneo (IEAMED) en Málaga, a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos e Montes (ETSIAM) en Córdoba, o Centro Origen (CERPESCA) en Zaragoza e o Centro Nacional de Competencia Tecnolóxica do Leite (CNCT) en Oviedo e a Fundación Juana de Vega en A Coruña.

Este programa é froito do éxito obtido durante o 2010 polo IV Programa de Alta Formación para Xestores de Empresas da Cadea Agroalimentaria (PAFGECA), organizado polo MARM, no que participaron distintas entidades, entre elas a Fundación CETAL e a empresa ICE Coaching Ejecutivo, que será quen leve a cabo o programa de formación en habilidades directivas e coaching, destinado aos profesionais do sector agroalimentario.

A convocatoria está aberta a empresas familiares e pemes, entidades asociativas, mulleres e mozos e mozas xerentes emprendedores que se atopen desenvolvendo a súa carreira profesional ou o seu negocio no ámbito da agroalimentación, que desexen unha formación complementaria e actual, así como a todas aquelas persoas que teñan inquietude e vocación polo desenvolvemento das persoas e equipos.

Dende o CETAL explican que o obxectivo é fomentar as capacidades de liderado dos profesionais, a visualización e consecución de obxectivos, a mellora da comunicación, así como o desenvolvemento de aptitudes para xestionar equipos. “Estes cursos pretenden ser unha ferramenta para mellorar a xestión das empresas, tanto no traballo individual como colectivo, coa consecuente mellora de resultados e competitividade da organización de que se trate”, incide Eduardo Vidal, director xeral do Centro.

Gabinete de Comunicación do Cetal, 2011-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES