
Unidos en oración co Papa Benedito XVI
Queridos diocesanos:
Recordamos con entusiasmo a Peregrinación que fixo o Papa Benedito XVI á Tumba do Apóstolo Santiago o Maior. Veu como peregrino da fe e testemuña de Cristo resucitado, buscando confirmarnos na fe e deixándonos o seu testemuño e mensaxe que tratamos de asumilo filialmente. "Levantemos unha ollada esperanzadora cara a todo o que Deus nos prometeu e nos ofrece, díxonos. Que El nos dea a súa fortaleza, que alente esta Arquidiocese compostelá, que vivifique a fe dos seus fillos e os axude a seguir fieis á súa vocación de sementar e dar vigor ao Evanxeo, tamén noutras terras". Noutro momento exhortábanos dicindo: "A nós tócanos hoxe seguir o exemplo dos apóstolos, coñecendo o Señor cada día máis e dando un testemuño claro e valente do seu Evanxeo. Non hai maior tesouro que poidamos ofrecer hoxe aos nosos contemporáneos" .
Todos os católicos estamos chamados a apoiar o Papa no seu ministerio coa nosa oración. El confírmanos na fe, presídenos na caridade, e anima a nosa esperanza. Na súa relevante misión como sucesor do Apóstolo San Pedro, conforta constantemente os cristiáns e todos os homes de boa vontade da terra con xestos e palabras de extraordinaria solicitude, sempre disposto a dar razón da súa esperanza en Cristo (1 Pe 3,15). "O auténtico problema neste momento actual da historia é que Deus desaparece do horizonte dos homes e, co apagarse da luz que provén de Deus, a humanidade vese afectada pola falta de orientación, cuxos efectos destrutivos se poñen cada vez máis de manifesto. Conducir os homes cara a Deus, cara ao Deus que fala na Biblia: Esta é a prioridade suprema e fundamental da Igrexa e do Sucesor de Pedro neste tempo" .
As manifestacións de afecto filial ao Papa, encontran a súa razón de ser non só na súa misión de presidir senón tamén na actitude de servizo do Servo dos servos que leva o temón da barca de Pedro, a Igrexa. Servidor do Evanxeo e da esperanza, o Papa acompaña en proximidade e en comuñón as preocupacións, angustias, temores e esperanzas de todos os homes. Peregrino polo mundo, é voceiro dunha extraordinaria cultura histórica e moral no medio das contradicións da época, impulsa o dereito á vida, a dignidade de persoa humana e as liberdades fundamentais, e proclama profeticamente o espírito de reconciliación a través do diálogo e da humildade nunha Igrexa transfigurada, boa samaritana, integrada sempre na historia e non contra ela, "signo e instrumento da unión íntima con Deus e da unidade de todo o xénero humano" (LG 27).
Este ano o Papa celebra o feliz sesenta aniversario da súa Ordenación sacerdotal, o día 29 de xuño. Con este motivo, uníndonos a toda a Igrexa, en espírito de sobrenatural sobriedade, pídovos realizar sesenta horas de Adoración Eucarística (continuas ou distribuídas) durante este mes de xuño a favor da santificación do Clero e para obter o don de novas e santas vocacións, procurando facer concluír este rosario de horas de Adoración Eucarística coa Solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús, o venres 1 de xullo. Este é a homenaxe que facemos ao Papa Benedito XVI.
Neste contexto, a Congregación para o Clero suxírenos que na Xornada mundial de Oración pola Santificación Sacerdotal que se celebrará na Solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús, se faga referencia á figura do Apóstolo San Pedro, rocha sobre a que Cristo edificou á súa Igrexa e fundamento da comuñón eclesial.
Saúdavos con afecto e bendí no Señor,
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.