Notas de prensa

A Infanta Elena visita a Escola de Equitación de Vilamarín

O martes, 25 de maio, S.A.R. a infanta Dona Elena visitou as instalacións do Centro Ecuestre en Vilamarín como responsable do Plan nacional de integración social de persoas con discapacidade, patrocinado pola Fundación Mapfre.

Acompañada doutros directivos desta entidade, Dona Elena participou na xornada de actividade ecuestre, compartindo cos alumnos a sesión de equitación e coidados do cabalo.

Con este Proxecto , a Fundación Mapfre e a Fundación Caballo Amigo promocionan a formación de nenos con discapacidade e con risco de exclusión social no deporte ecuestre dacordo ao programa de formación de xinetes da RFHE co fin de facilitar a súa futura integración nas escolas deportivas.

O Proxecto conta co apoio do CEIP Manuel Luis Acuña e coa autorización da Consellería de Educación, o que permite integran esta actividade dentro do programa escolar.

A escola de Vilamarín, ao reunir óptimas características en canto a instalacións e cualificación do persoal docente, ven desenvolvendo este programa por segundo ano consecutivo. Neste curso participaron vinte alumnos do CEIP Manuel Luis Acuña.

NotaAo finalizar a xornada, Dona Elena fixo entrega dos diplomas de Galope 1 aos nenos que superaron con éxito os exames.

O Centro Ecuestre agradece á Fundación Mapfre e moi especialmente á S.A.R. a infanta Dona Elena a súa colaboración e séntese especialmente honrado pola súa visita.


Centro Cultural da Deputación de Ourense, 2011-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES