O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou no Salón de Actos da sede do organismo provincial o IX Congreso de Radioloxía, no que participan 115 persoas, entre conferenciantes e asistentes ás xornadas. Gómez Besteiro felicitou á Sociedade Galega de Radioloxía por elixir a capital lucense para celebrar este congreso, que ten carácter bianual, e que en anteriores edicións celebrouse en cidades como Vigo ou Santiago de Compostela. No foro, este colectivo médico debate cuestións de actualidade e relevancia para o desenvolvemento do seu labor profesional.
Gómez Besteiro estivo acompañado no acto de inauguración polo presidente da Sociedade Galega de Radioloxía, Xan Vieito Fuentes, e polo presidente do comité organizador, Julio Rodríguez García. Na súa intervención, o titular da institución provincial puxo de relevo o papel fundamental que cumpren os radiólogos como parte dos equipos médicos que diagnostican e tratan ós pacientes, mesmo axudando a solucionar patoloxías sen ter que recorrer a intervencións ou certos tratamentos.
Neste senso, o Presidente da Deputación tamén reivindicou que non se elimine prazas de radiólogos en ningún hospital da provincia nin de Galicia porque a súa labor non se pode facer a distancia, a súa presenza física nos centros é esencial, pois non son meros interpretadores de imaxes, senón especialistas que chegan a conclusións vendo as probas, pero tamén valorando o contexto particular de cada paciente.
O Congreso Galego de Radioloxía concluirá mañá e, entre as cuestións a aborda polos poñentes, figuran os novos tratamentos antitumorais, a detección precoz do cancro ou os novos horizontes na especialidade de radioloxía.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.