
Os participantes no encontro Todos con Eurovisión. Todos con LucÃa. Todos na Deputación de Lugo, organizado polo organismo provincial o sábado 14 de maio para apoiar á cantante do Incio no seu paso polo festival europeo da canción, degustarán gratuÃtamente produtos de Lugo Sabe. Empresas que acadaron esta marca de calidade que creou a Deputación para poñer en valor os produtos autóctonos cederán de balde embutidos, queixos, pan e derivados, e doces, entre outros artigos de alimentación, para ofrecer ós asistentes á velada, o que contribuirá tamén a súa promoción. Na xornada lúdica estarán familiares de LucÃa Pérez, e as deseñadoras que a visten no festival, Sara Lage e Maru Calderón, e representantes da tenda lucense que lle cedeu o calzado, Dick & Paul.
O encontro arrancará ás 18:00 horas nos xardÃns de San Marcos e estará cheo de sorpresas e actividades gratuÃtas e dirixidas a tódolos públicos. Haberá xogos inchables, karaokes e talleres para elaborar chapas e bandeirolas coa imaxe de LucÃa Pérez. O Centro de Innovación Social In Lugo instalará unha pista de baile virtual na que pequenos e maiores poderán practicar todo tipo de pasos de danza e a Fundación TIC realizará un cásting entre os asistentes para elixir a colaboradores que apoien ó presentador que guiará a velada e mostrará nun obradoiro como ser cámara de televisión.
Entre as 18:00 e as 20:00 horas haberá visitas guiadas en pequenos grupos polas inmediacións do edificio da Deputación nas que técnicos do Plan Urban, impulsado polo Concello lucense e a institución provincial, explicarán polo miúdo en que consisten as obras de remodelación e mellora que se están levando a cabo nos propios xardÃns e na praza de San Marcos, e como quedarán estes espazos tralas actuacións, que concluirán neste mes. Deste xeito, os participantes nos circuÃtos coñecerán por exemplo que especies arbóreas se plantarán na praza de San Marcos, ou como a parte traseira do pazo quedará proximamente aberta ó público, ó incorporarse ó paseo interior da Muralla, e como funcionará a rede wifi de conexión gratuÃta a Internet que se está instalando. Esta serie de accións converterán á Praza de San Marcos e ó entorno da sede da Deputación nun moderno e amplo espazo público, esteticamente mellorado e punteiro en canto á implantación das novas tecnoloxÃas.
Ãs 21:00 horas comezará a retransmisión en directo de Eurovisión, que se proxectará en dúas pantallas xigantes colocadas nos xardÃns exteriores e no salón de actos da Deputación, e durante a que haberá numerosos sorteos de agasallos.
200 asistentes confirmados en Facebook
A xornada lúdica da Deputación está tendo unha grande aceptación, como demostra que no evento creado en Facebook (http://on.fb.me/luciaperez), a rede social máis importante do paÃs, teñan confirmado a dÃa de hoxe a súa asistencia máis de 200 persoas. Co fin de dar a coñecer na Rede o encontro de apoio a LucÃa Pérez, difúndese a través do blog co que conta o organismo provincial e noutras plataformas nas que a institución ten presenza, como Twitter, Flickr e YouTube.
Estase a celebrar a Asemblea Xeral anual de NECSTouR, a rede de rexións europeas centrada en promover o turismo sostible e competitivo. A xuntanza que se desenvolve baixo o lema 'Turismo e cultura: da creación ao legado -construÃndo territorios resilentes e conectados' ten lugar estes dÃas en Bourges, no Val de Loira (Francia), e no marco da mesma, a entidade vén de acordar a celebración da vindeira cita anual en Galicia coincidindo co Xacobeo 2027. En NECSTouR están representadas un total de 44 rexións europeas e 32 organizacións académicas, asociacións e redes de empresas de turismo sostible, que representan a 19 paÃses europeos.
Alfonso Rueda anunciou que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario. Esta regulación para a 'educación do futuro', que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de 'sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados' no caso de probas a distancia sen supervisión docente. Neste sentido, cómpre lembrar que esta Lei incorporará outras medidas destinadas a responder os retos presentes e futuros da educación, como que a comunicación entre profesores e familias se produza só a través de Abalar, a prohibición de gravar clases sen autorización, ou a regulación do uso da intelixencia artificial ou do móbil nas aulas.