Notas de prensa

A Deputación Provincial de Lugo organiza un encontro en apoio a Lucía Pérez

O sábado 14 de maio, a Deputación Provincia de Lugo actividades de animación gratuítas e dirixidas a tódolos públicos, como karaokes, talleres didácticos, agasallos e visitas guiadas polos xardíns da sede do organismo provincial, e emitirá en pantalla xigante o Festival de Eurovisión.

A Deputación organizou para o sábado, día 14, no Pazo de San Marcos o encontro Todos con Eurovisión. Todos con Lucía. Todos na Deputación de Lugo, co que o organismo provincial pretende apoiar á cantante do Incio no seu paso polo festival europeo da canción. Dende ás 18:00 horas haberá actividades de animación gratuítas e dirixidas a tódolos públicos nos xardíns de San Marcos, e a partir das 21:00 horas os asistentes poderán ver na pantalla xigante do salón de actos a retransmisión en directo do certame de Eurovisión, no que por primeira vez España estará representada por unha cantante galega. Lucía Pérez interpretará “Que me quiten lo bailao” lucindo un deseño de dúas lucenses, Sara Lage e Maru Calderón, coas que coincidiu na gala Lucus Moda promovida pola Deputación e o Concello de Lugo.

O encontro lúdico estará conducido por un presentador e incluirá karaokes, talleres didácticos para toda a familia, actividades para os fans da artista –como a elaboración de chapas e bandeirolas coa imaxe de Lucía Pérez-, e sorteos e reparto de agasallos entre o público.

Haberá ademais rutas polas inmediacións do edificio da Deputación nas que técnicos do Plan Urban, impulsado polo Concello lucense e a institución provincial, explicarán polo miúdo en que consisten as obras de remodelación e mellora que se están levando a cabo nos propios xardíns e na praza, e como quedarán estes espazos tralas actuacións, que concluirán neste mes. Deste xeito, os participantes nos circuítos coñecerán por exemplo que especies arbóreas se plantarán na praza de San Marcos, que a parte traseira do pazo quedará aberta ó público, ó incorporarse ó paseo interior da Muralla, e como funcionará a rede wifi de conexión gratuíta a Internet que se está instalando. Esta serie de accións converterán á Praza de San Marcos e ó entorno da sede da Deputación nun moderno e amplo espazo público, esteticamente mellorado e punteiro en canto á implantación das novas tecnoloxías.

Difusión a través da Rede

Co fin de dar a coñecer na Rede o encontro de apoio a Lucía Pérez e que os internautas confirmen a súa asistencia, a Deputación creou un evento en Facebook (http://on.fb.me/luciaperez) a rede social máis importante do país. Así mesmo, a convocatoria difúndese a través do blog co que conta o organismo provincial e noutras plataformas nas que a institución ten presenza, como Twitter, Flickr e YouTube.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2011-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES