Notas de prensa

A Deputación recupera oficialmente TOR e salda todas as débedas herdadas dos anteriores patronos

Segundo o informe realizado, o valor da liquidación supera os 2,4 millóns de euros, dos que 2,3 corresponden ó valor patrimonial da pradera e do monte que retornan ó organismo provincial e, o resto, ós gastos que asumiu a Fundación pola liquidación definitiva.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu a derradeira reunión do Padroado da Fundación do Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia na que se aprobou a liquidación económica desta entidade, que lle permite ó organismo provincial extinguir definitivamente esta Fundación e recuperar oficialmente a titularidade de TOR. Neste senso, tal e como subliñou Besteiro, as 200 hectáreas nas que se sitúa o Centro que ocupa unha superficie de máis de 200 metros cadrados pasan a ser do organismo provincial.

Deste xeito, segundo o informe realizado, o valor da liquidación cífrase en 2.411.762 euros, dos que 2.343.925 corresponden ó valor patrimonial da pradera e do monte de TOR. O resto, 71.500 euros, corresponden ós gastos que asumiu a Fundación pola liquidación definitiva, que incluíu a extinción dos contratos dos 4 traballadores, que prestaban o seu servizo no Centro. A decisión, adoptada por ambas as dúas administracións, foilles comunicada por escrito ós traballadores o día 1 de abril. Neste senso, o titular provincial subliñou que “é unha boa noticia pola cal comezamos a traballar dende hai dous anos para restituir a propiedade de TOR a quen é o seu verdadeiro e único propietario que é a provincia de Lugo, a través da Deputación. Por tanto, a partir de agora se fará a escritura pública para regularizar os asentos rexistrais para que todo figure a nome do organismo provincial, de onde nunca debeu sair. Por tanto, c´est fini á Fundación TOR. A partir de aquí traballaremos para poñer en valor algo que é patrimonio de todos. Foi unha boa xestión”.

“Hoxe TOR non ten débedas”

Co acordo, co que o organismo provincial pon fin ó despilfarro protagonizado polos anteriores Patronos, de tal xeito que “hoxe TOR non ten débedas. É máis, dende que asumimos a Presidencia do Padroado, non pagamos nin unha soa dieta, quilometraxes, comida nin cafés. Ademais, pagamos todo o que se lle debía ós proveedores da zona, uns 72.000 euros. É dicir, todo está ó día”.

O pasado 15 de febreiro os dous membros do Protectorado, Deputación e Xunta de Galicia, iniciaron o proceso de liquidación para dar de baixa esta entidade no Rexistro de Fundacións. Cumprindo co regulamento de Fundacións de Interese Galego, a Deputación trasladou de xeito inmediato este acordo á administración autonómica para que tamén fose ratificado pola Consellería de Medio Rural. O 8 de marzo a Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia esta ratificación, o que permitiu convocar hoxe a última e sexta reunión, que supón o último paso que quedaba para extinguir definitivamente TOR. Nesta ocasión tampouco se contou coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez, de tal xeito que a do 30 de abril de 2010, foi a única vez que o responsable autonómico participou nunha xuntanza dende que o novo Padroado tomou posesión. Quenes sí participaron foron, ademais do Presidente, o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, os Deputados de Urbanismo e Gandeiría, Miguel Ángel Sotuela e José María Arias, o Secretario da Fundación, José Mourelle Cillero, e o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural, Ramón Carballo.

Liquidada a Fundación, o Presidente explicou que se poderá comezar a desenvolver o plan de viabilidade que o organismo provincial deseñou no seu momento para o Centro Cinexético e Piscícola de Galicia e para conseguir un mellor aproveitamento desta finca. Neste senso, unha das actuacións máis inmediatas que se levarán a cabo será a reforestación dos terreos.

Historia da Fundación

A Deputación, gobernada polo Partido Popular, creou en 2003 esta Fundación, que estaba constituída pola Consellería de Medio Ambiente, dirixida naquel momento por José Manuel Barreiro. Supostamente, tiña como obxectivo a protección da fauna e da flora e a potenciación do medio ambiente, pero dende a chegada do actual equipo de goberno, detectouse que non só nunca cumpriu estas funcións, senón que os anteriores patronos cometeron numerosas irregularidades que foron denunciadas perante a Xustiza, e que están pendentes de estar resoltas polo Xulgado Número 2 de Lugo. Foi o caso da desaparición de fondos sen xustificar, do inicio de embargo e da tala masiva levada a cabo no pinar e no bosque. Segundo un informe pericial do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Galicia os danos e prexuízos ocasionados pola tala masiva, que se levou a cabo na finca, suman 1.058.000 euros e tardarían máis de dúas décadas en rexenerarse.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2011-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES