Notas de prensa

Gómez Besteiro nombrado Confrade de Honra durante o acto de homenaxe á Armada

A confraría “Santísima Virgen de la Esperanza de Lugo” concedeu este distintivo ó Presidente da Deputación polo seu apoio á celebración da Semana Santa.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, foi nombrado Confrade de Honra durante os actos de homenaxe á Armada. A confraría “Santísima Virgen de la Esperanza” –patrona da Armada- concedeu este distintivo ó titular do organismo provincial polo seu apoio á Semana Santa.

A Deputación colabora con distintas asociacións relixiosas co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de actividades que poñan en valor o patrimonio da provincia. Deste xeito, este ano aportou 13.000 euros á Xunta de Confrarías de Lugo. Este colectivo engloba a todas as irmandades da capital: A Borriquita, Virxe da Esperanza, Desenvacravo do Señor e das Maiores Dolores de María Santísima, Bo Xesús e do Nazareno, Santo Cristo do Perdón e Nosa Señora da Piedade, Sacramental, Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén.

Da mesma forma, o organismo provincial achegou unha axuda extraordinaria de 40.000 euros á Xunta de Confrarías de Viveiro para facer da Semana Santa do Concello viveirense a máis grande de Galicia. Trátase dunha festividade declarada de Interese Turístico Nacional, que reúne unhas 30.000 persoas, duplicando a poboación no municipio viveirense, e logrando o 100% da ocupación hoteleira. Este investimento sen precedente na Deputación responde á petición do Alcalde, Melchor Roel, por lograr a declaración de Interese Internacional da que xa é, xunto coa de Ferrol, a Semana Santa máis destacada na Comunidade. En febreiro, o Pleno provincial aprobou, a proposta do equipo de Goberno, dita declaración institucional.

Distintivos

A confraría “Santísima Virgen de la Esperanza” tamén nombrou o Acalde de Lugo -José López Orozco- Confrade de Honra; o Almirante do Corpo Xeral da Armada -Santiago Bolibar Piñeiro- Irmán Maior Honorario; e María García Limeses, Camarera de Honra. Nos actos de homenaxe á Armada participou, ademais de Besteiro e Orozco, o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2011-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES