Notas de prensa

Veciños de Guitiriz, Lugo, Guntín, Castro de Rei, Palas e Riotorto viaxan pola provincia co programa Km0

Preto de 310 persoas participarán esta semana en seis rutas coas que redescubrirán A Mariña, Ribeira Sacra, Terra Chá e A Montaña.

Preto de 310 veciños dos concellos de Guitiriz, Lugo, Guntín, Castro de Rei, Palas de Rei e Riotorto fan as rutas do programa Km0 da Deputación de Lugo, coas que coñecerán ou redescubrirán A Mariña, Ribeira Sacra, Terra Chá e A Montaña. Os participantes pertencen a colexios e asociacións veciñais.

As rutas programadas discorreron polos municipios de Ribadeo e Sober e foron demandadas polo CEIP de Lagostelle, de Guitiriz, e pola Asociación de Veciños As Gándaras, Albeiros e Ponte Romano, respectivamente. A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu ós dous colectivos no salón de actos do Pazo de San Marcos e, seguidamente, comezaron as excursión que, no caso dos escolares de Guitiriz, tivo a súa primeira parada na Fundación TIC, dependente do organismo provincial. Despois desprazáronse a Ribadeo para ver o Centro de Cultivos Mariños, dar un paseo en barco pola ría, subir no ascensor panorámico do porto deportivo de Porcillán e percorrer o casco histórico e o convento das Clarisas. A comida celebrouse no restaurante “Marinero”. Pola súa banda, o grupo da capital lucense iniciou o seu percorrido polo Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) e continuou cunha comida no restaurante “Parada Dos” de Sober. Logo visitaron Os Chancís e fixeron parte dunha ruta de sendeirismo polos Muíños de Xábrega.

Para o mércores 13 de abril hai previstas outras dúas saídas, unha a O Cebreiro, que fará a Asociación de Veciños de San Esteban da Mota, en Guntín, e outra, por Baamonde, Parga e Friol, que cubrirá o colectivo Amigos da Feira de Castro de Rei. Tras coñecelo CENTRAD, os veciños de Guntín comerán no restaurante “San Girald de Aullirac” para percorrer despois un tramo do Camiño Francés, visitar o Museo Etnográfico e a igrexa de Santa María La Real e facer a pé o camiño hasta Santa Cruz. O grupo de Castro de Rei achegarase á Fundación TIC, comerá na “Casa do Labrego” de Baamonde e visitará o museo Víctor Corral, a ponte e a igrexa de San Alberte de Parga, a Cova da Serpe e a panadería “La Esquina” de Guitiriz.

O programa desta segunda semana de abril péchase o xoves con rutas polas praias de Foz e Barreiros, e por Cervantes. A primeira foi solicitada pola Coral Polifónica de Palas de Rei e consistirá nunha visita ó centro de artesanía da Deputación, unha comida no restaurante focense “Leytón”, un paseo entre as praias focenses de Llas e A Rapadoira e polo porto de Foz e, xa en Barreiros, unha camiñada dende o areal de Altar ó de Arealonga. A segunda ruta demandouna a Asociación Medioambiental de Riotorto e comezará cun percorrido polo Mazo da Fervenza, seguida dunha comida no hostal “Piornedo”, un paseo por esta aldea de Cervantes para coñecer a súa palloza e unha visita á igrexa de Donís.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2011-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-santiago.jpg) Estase a celebrar a Asemblea Xeral anual de NECSTouR, a rede de rexións europeas centrada en promover o turismo sostible e competitivo. A xuntanza que se desenvolve baixo o lema 'Turismo e cultura: da creación ao legado -construíndo territorios resilentes e conectados' ten lugar estes días en Bourges, no Val de Loira (Francia), e no marco da mesma, a entidade vén de acordar a celebración da vindeira cita anual en Galicia coincidindo co Xacobeo 2027. En NECSTouR están representadas un total de 44 rexións europeas e 32 organizacións académicas, asociacións e redes de empresas de turismo sostible, que representan a 19 países europeos.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-rapaces.jpg) Alfonso Rueda anunciou que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario. Esta regulación para a 'educación do futuro', que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de 'sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados' no caso de probas a distancia sen supervisión docente. Neste sentido, cómpre lembrar que esta Lei incorporará outras medidas destinadas a responder os retos presentes e futuros da educación, como que a comunicación entre profesores e familias se produza só a través de Abalar, a prohibición de gravar clases sen autorización, ou a regulación do uso da intelixencia artificial ou do móbil nas aulas.

Notas

A materia ordinaria representa apenas o 5% do Universo. O resto segue sendo un misterio para a Humanidade: non sabemos de que está composta, nin como se comporta. Estímase que a maior parte é enerxía escura, e o resto (ao redor dun 27%) é a materia escura, unha substancia que ten masa, e que se delata pola súa atracción gravitatoria sobre as galaxias, pero que non emite nin absorbe luz e que nunca foi detectada directamente nun laboratorio.
Seleccionado na sétima convocatoria do programa Interreg Poctep 2021-2027, o proxecto Activa Rural Transfronteirizo reúne 17 institucións e entidades de diferentes puntos de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, co propósito de abordar o envellecemento da poboación nas zonas rurais transfronteirizas e ofrecer respostas á fenda dixital e ao desigual acceso aos servizos asistenciais nestas áreas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES