
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, inaugurou no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), dependente do organismo provincial, a exposición fotográfica Comprometidos con Anantapur da Fundación Vicente Ferrer. Na mostra, a organización humanitaria fai a través das instantáneas un percorrido polo programa de desenvolvemento que leva a cabo co fin de erradicar a pobreza desta rexión da India, unha das máis pobres do país.
No acto de inauguración ademais de Lara Méndez, estivo Carmen Basadre, Concelleira de Benestar Social en Lugo, e Yolanda Ferrer, representante da Fundación Vicente Ferrer na Coruña.
Contido e horario
A través da mirada artística das fotografías que compoñen a exposición, distribuídas en 32 paneis, o visitante pode coñecer os diferentes ámbitos de actuación da Fundación Vicente Ferrer: educación, sanidade, vivenda, ecoloxía, muller e persoas con discapacidade. Deste xeito tamén se acerca a realidade da India a todas as persoas sensibilizadas cos países en vías de desenvolvemento, ó tempo que se mostra ós colaboradores da ONG os resultados da súa solidariedade.
O horario ó publico dende hoxe e ata o 25 de abril é o seguinte: de luns a venres, de 10:30 horas ás 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 horas ás 20:00 horas pola tarde; os sábados, de 17:00 horas ás 20:00 horas; e os domingos e festivos, de 11:00 horas ás 14:00 horas.
De maneira complementaria á mostra, para este xoves programouse unha conferencia na que Lancy Dodem, portavoz da Fundación, falará do traballo da entidade. A cita será ás 20:00 horas, no propio centro de artesanía da Deputación.
414 colaboradores en Lugo
A organización humanitaria fundada por Vicente Ferrer hai 55 anos conta con 144.000 colaboradores en España, dos cales 414 son da provincia de Lugo. Segundo datos deste colectivo, dende que traballan en Anantapur, -palabra que significa cidade do infinito-, construíronse na zona 45.000 casas, 5 hospitais, 20 clínicas no rural, e 1.140 colexios acadando o índice de escolarización máis alto da India, e logrando o 100% da escolarización das mulleres.
A Fundación Vicente Ferrer é unha ONG comprometida co proceso de transformación dunha das zonas máis pobres e necesitadas da India, Anantapur, e das comunidades máis excluídas do planeta, os dálits ou intocables, os grupos tribais e as backward castes. Na actualidade, o seu traballo chega a 2.313 pobos, beneficiando a máis de 2,5 millóns de persoas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.