Notas de prensa

Preséntase na Deputación Provincial de Lugo a Feira das Asociacións Socioculturais

Un total de 25 organizacións lucenses participan nesta feira, cuxa celebración pretende dar a coñecer as súas actividades e buscar voluntariado na cidade.

Presentouse na Deputación de Lugo a Feira de Asociacións Socioculturais que se celebrará os días 8, 9 e 10 de abril na Praza da Soidade. A Área de Cultura colabora coa organización desta feira, en cuxo acto de presentación estiveron presentes Antón Bao, vicepresidente da Deputación, así como Clara Raposo, da Cova da Terra, Gerardo Castedo de Taller de Solidariedad e Reiki Lugo, Quiteria Mejuto, de Implicadas no Desenvolvemento e Nélida Castiñeira, de Asorlu. A celebración deste evento pretende dar a coñecer as actividades que desenvolven estas organizacións lucenses, así como buscar voluntariado na cidade.

Como explicou Antón Bao, “estas 25 asociacións traballan en diversos ámbitos da vida social e cultural e representan o corpo do tecido asociativo lucense, que as administracións debemos ter presente para darlles o noso apoio”. A Área de Cultura “apoia decididamente esta iniciativa, para que estas organizacións poidan mostrar aos lucenses ese traballo impagable que están realizando nos ámbitos da ecoloxía, da discapacidade, da inmigración ou da cooperación internacional, entre outros”. Manifestou a súa seguridade de que “a feira vai ser un éxito, e vai servir ademais como mostra dun valor importante como é o respecto á pluralidade, unha riqueza que debe estar presente sempre nas actividades que se desenvolven na cidade”.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2011-04-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES