Notas de prensa

O Parque Nacional das Illas Atlánticas, protagonista do cupón da Once do 3 de abril

O Parque Nacional das Illas Atlánticas protagoniza o cupón da ONCE do 3 de abril. Presentouse en Vigo este cupón ilustrado cunha fotografía aérea deste parque que se enmarca nunha serie de 14 adicada á rede de Parques Nacionais con servizos de accesibilidade.

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, xestionado pola Consellería do Medio Rural a través da dirección xeral de Conservación da Natureza, será protagonista do cupón da ONCE o 3 de abril. Este cupón foi presentado, na sede da ONCE en Vigo, polo director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, o presidente do Padroado do Parque Nacional, Fernando Garrido, a presidenta do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Dolores Venancio e o director da ONCE en Vigo, Arturo Parrado Puente.

O décimo está ilustrado cunha fotografía aérea do Parque, na que se pode apreciar a Praia das Rodas, considerada unha das de maior beleza paisaxística de toda España. No cupón tamén figura a fecha de declaración como Parque Nacional (1 de xullo de 2002). Este cupón enmarcase nunha serie de 14 cupóns que a Organización dedica a rede de Parques Nacionais, dependentes do Estado.

Cinco millóns de cupóns levarán a imaxe do único Parque Nacional da nosa Comunidade. Esta é a primeira vez que o Parque aparece no cupón da ONCE como tal, anteriormente foron as Illas Cíes as que tiveron unha ilustración no cupón.

Con esta ilustración o departamento que dirixe Samuel Juárez espera contribuír a proxección do Parque a nivel nacional, atraendo a un maior número de persoas ata a nosa Comunidade. Unha das características que comparten algúns dos Parques Nacionais que compoñen esta serie de cupóns é a de integrar algúns sistemas de accesibilidade que permiten ás persoas con algún tipo de discapacidade gozar da natureza nas mesmas condicións que o resto do público.

Medidas de accesibilidade

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas adoptou medidas de accesibilidade turística, en colaboración coa ONCE dotouse de material informativo sobre as Illas Cíes e Ons en versión braille, así como de mapas en relevo y a formación do seu persoal en tarefas de acompañamento de persoas cegas e con deficiencia visual.

O Parque mantivo contacto con diversas asociacións implicadas na integración de colectivos discapacitados para procurar a mellor e máis directa información acerca das necesidades destes colectivos. Con esta información previa desenvolvéronse varias actuacións, entre elas a adaptación das vías principais e o acceso ás praias, a instalación de baños adaptados para persoas con problemas de mobilidade.

Tamén se realizaron programas específicos de rutas guiadas con colectivos con dificultade de integración social, con cegos, e outros colectivos con discapacidade funcional. Nos próximos días comezarase a deseñar o programa de atención a persoas con discapacidade funcional.

Así como, os centros interpretativos estarán equipados con ordenadores informativos que contarán cun kit completo para adaptación dun posto informático para persoas con algún tipo de discapacidade.

Estes equipos forman parte do Proxecto TIC TAC Galicia, en colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e RED.ES. Para lograr a capacitación efectiva do persoal da administración, asistirán a xornadas para afondar no coñecemento sobre a discapacidade e as súas tipoloxías, e sobre as solucións accesibles dispoñibles.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (mit-ribadavia-2025.jpg) A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia reunirá do 17 ao 25 de xullo 25 espectáculos procedentes de Galicia, Portugal, Francia, México e diferentes comunidades autónomas, nunha 42ª edición atravesada pola creación contemporánea, a diversidade de linguaxes e formatos, a memoria histórica, a música en directo e a capacidade da escena para activar pensamento crítico e experiencia colectiva. Entre estas propostas figura A Fortaleza, da compañía A Feroz, coproducida polo Centro Dramático Galego e o festival FITEI do Porto. A obra, dirixida pola portuguesa Raquel Sousa e con dramaturxia de Lorena Conde e da propia Sousa, recupera a memoria das guerrilleiras antifranquistas galegas a través da figura de Consuelo Rodríguez López, Chelo.
Foto de la tercera plana (ateneo-barroco-2026.jpg) O Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco celebrará do 6 ao 20 de outubro a súa oitava edición cun programa articulado arredor da música antiga, os instrumentos históricos, a divulgación e o encontro co público. O certame compostelá ofrecerá seis concertos en diferentes espazos da capital de Galicia, ademais de cinema documental, unha conferencia, unha acción de improvisación, un club de lectura e varios encontros cos artistas. A programación principal de Ateneo Barroco desenvolverase en espazos como a Igrexa da Universidade, o Teatro Principal, o Salón Teatro e o Paraninfo da Universidade. O calendario de recitais abrirase con Lina Tur Bonet e Bach, partita, sonata, e continuará con Ars Atlántica, Resonet, Arc & Volta e Bertrand Cuiller, antes do peche con Accademia del Piacere e Fahmi Alqhai en In dulci jubilo.

Notas

'A idea tomou corpo nun rato de charla espontánea, pero porque xa nos roldaba', recoñece Fernando Romo Feito, editor e tradutor da Eneida en verso ao castelán, publicada por La Oficina de Arte y Ediciones. Precisamente foi cos editores da obra cos que o docente e investigador xubilado da UVigo Fernando Romo mantivo hai tres anos esa conversa e da que xurdiu unha obra sobre a que asegura 'de non gustarlles o resultado, sei que non a sacarían'.
Un equipo do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia rexistrou unha nova metodoloxía que permite elaborar análises económicas e ambientais cun nivel de detalle territorial moi superior ao que ofrecen as ferramentas convencionais. Denomínase Path-Q-Plus para a interrexionalización de marcos contables input-output, investigación da tese de doutoramento de Uvenny Quirama Estrada, dirixida por Xesús Pereira López e Melchor Fernández Fernández.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES