Notas de prensa

Conmemórase o 125º aniversario da ponte internacional Tui-Valença

O alcalde de Tui e o presidente da Cámara Municipal de Valença asinan o acordo de irmanamento entre as localidades galega e lusa na data en que se conmemora o 125 aniversario da Ponte Internacional como exemplo dunha realidade histórica.

O Alcalde Tui, Antonio F. Fernández Rocha, e o Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, asinaron na ponte Internacional, que cumpre 125 anos o acordo de irmandade entre as dúas localidades dando deste xeito cumprimento ao acordo de ambas Corporacións Municipais e testemuñando unha realidade histórica e cotiá para todos os tudenses e valencianos que se senten habitantes dun territorio común e de dúas cidades irmáns.

Segundo se recolle no texto do protocolo asinado esta mañá “as cidades de Tui e Valença acordan fortalecer os lazos de amizade e comuñón que historicamente caracteriza as súas relacións formalizando un acordo de irmandade que hoxe se asina”. O obxectivo desta irmandade é “desenvolver relacións sociais, culturais, económicas e educativas, así como o progreso e desenvolvemento das súas poboacións a través do contacto persoal entre todos os habitantes das dúas cidades” así como “promover o desenvolvemento das relacións mutuas para fortalecer cidadanía e os lazos de fraternidade entre os habitantes de ambas localidades”.

Previa a sinatura do protocolo tivo lugar un acto solemne na antiga alfándega de Valença decorada para a ocasión cunha maqueta da ponte internacional e con tres fotografías de Tui, Valença e a ponte no día da súa inauguración hai 125 anos. O acto contou cunha nutrida representación de autoridades civís e militares encabezas polas corporacións municipais tudense e valenciana, e nas que estaba tamén o Delegado do Goberno en Galicia, o Director Xeral da Administración Local da Xunta, o presidente do Consello Directivo do Instituto da Mobilidade e Transportes de Portugal. Tamén acudiron alcaldes ribeireños coma o da Guarda ou Vila Nova de Cerveira ou o Alcalde de Fromista e un concelleiro, cidade coa que Tui xa estaba irmanada.

O Alcalde de Tui na súa intervención destacou que “é de xustiza recoñecer que este acordo que imos asinar é froito madurecido da decisión de tantas e tantas xeración de valencianos e tudenses que superando os atrancos souberon xuntos chorar, rir, bailar, casar, pescar, mercar,... como fan dous namorados, dous noivos cheos de ilusión e esperanza”. Recoñecía que esta fronteira á máis antiga de Europa pero tamén a máis permeable, engadindo que a Ponte de Pelayo Mancebo converteuse no “símbolo da nosa unión, da nosa irmandade, nun escenario privilexiado das nosas vidas”. Sinalaba Fernández Rocha que é un acto de xustiza, asinar este acordo que “certifica a realidade secular das nosas cidades” e que o irmanamento quere ser como a ponte metálica “un símbolo de evocación dunha vida común das xentes de Galicia e do Miño, unidos por un territorio, unha cultura, unha lingua, unha vocación de traballo en común para o desenvolvemento compartido” por iso expuña que “Galegos e minhotos teñen nesta cidade, que conformamos Valença e Tui, a expresión desta unión, a testemuña desta mutúa vocación”. Engadía que a sinatura do protocolo “posúe unha longa visión de futuro e unha aposta de cara ao provir. Con este protocolo amosamos a nosa vontade de afondar nesta cooperación, de compartir servizos, de cooperar mutuamente no progreso dos dous municipios apostando claramente por promover entre ambas localidades cousas que ata quizais non fixese o de agora non fixemos como no ámbito dunha auténtica vocación europea, dunha auténtica cohesión entre os nosos pobos” para o que apuntaban é preciso a colaboración doutras administracións.

Remataba a súa intervención no plano persoal destacando que para el coma alcalde é unha satisfacción culminar deste xeito dúas décadas de traballo municipal.

Pola súa parte o Presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes expuña que dende hai 125 anos a ponte une Valença e Tui facilitando as relacións entre as dúas cidades. Manifestaba que a Unión Europea, os Gobernos de Portugal de España, a Xunta de Galicia,e a Rexión Norte deben de ollar para “este exemplo de cooperación e desafío coma unha nova oportunidade neste tempos de crise económica, social e política”. Apuntaba que Valença é terra de fronteira e que hoxe é unha cidade de portas abertas ao mundo, e que nesta terra de fronteira segue habendo dificultades polas diferenzas existentes en diferentes áreas coma no prezo dos combustibles, falta de harmonía fiscal, ou na peaxe nas autovías”.

O protocolo de irmande dicía que “da un paso importante nas relacións entre as dúas cidades coa convicción de concretizar unha vontade antiga de tudenses e valencianos”. Jorge Salgueiro sinalaba que é un pracer celebrar os 125 anos da ponte polo que representa “unha ponte libre e aberta” así coma pola súa simboloxía de ponte para Valença e Tui e por reforzar un lugar común a xeración futuras. Concluía afirmando que a irmandade asinada hoxe é un exemplo de humanismo.

Tomou tamén a palabra neste acto o Director Xeral de Administración Local, Norberto Uzal, quen destacou que cada ano pasan a fronteira entre Tui e Valença 6 millóns de persoas, engadindo que esta fronteira está cobrando hoxe a súa verdadeira dimensión como camiño de cooperación. Unha liña de cooperación entre as dúas cidades que xa existe na cultura, nas emerxencias e nas urxencias médicas, que apostaba por afondar. Remataba afirmando que Tui e Valença protocolizan nun papel o “que existe dende sempre dous pobos irmáns chamados á entenderse”.

Antón Louro, Delegado do Goberno en Galicia, lembraba que dende que se decidiu construír a ponte ata a súa inauguración houbo que facer fronte a numerosos atrancos ante os que se mantiveron as reivindicacións dos dous pobos para que esta ponte se fixese realidade. Apuntaba que a ponte tras 125 anos segue a dar o mesmo servizo que cando se creo, sendo un eixo de unión e concordia. Por iso dicía o obxectivo do acto desta mañá era “reforzar os vínculos dos dous pobos” coa sinatura do protocolo de irmandade. Antón Louro apuntaba que “hai 125 anos a ponte cambiou a vida dos veciños da fronteira” engadindo que o de hoxe é “un día de lembranza para os que fixeron posible a obra, e para os que día a día seguen xustificando a súa existencia”.

NotaPor último o Presidente do Consello Director do Instituto de Mobilidade dos Transporte, Carlos Ferreira, tras escusar a presenza do Ministro portugués manifestaba que “a ponte foi e segue a ser unha notable obra de enxeñeira”. Expuña que os desafíos que presidiron a construción da ponte internacional foron “aumento da cooperación bilateral, aposta na innovación e desenvolvemento das relacións económicas, sociais e culturais” pero son tamén explicaba “os principais desafíos que se colocan hoxe e no futuro no desenvolvemento de ambos lados da fronteira”. Remataba indicando que o protocolo de irmandade permitirá concretar o proxecto de Eurocidade, para cuxa consolidación indicaba que será preciso o planeamento dunha rede de transporte público transfronteirizo para o que brindou a colaboración do instituto que preside.

Tras o acto de sinatura e o descubrimento dunha placa conmemorativa nunha dos columnas do medio da ponte internacional, onde conflúen as localidades de Tui e Valença, os asistentes escoitaron a interpretación do himno de Europa como sinal da vocación europea deste irmandade que hoxe asinaron ambos mandatarios, cunha tirada de bombas de palenque e as fotos de rigor remataron os actos na Ponte Internacional, construída co deseño do enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda,

Finalmente os convidados desprazáronse nunha comitiva acompañada por un grupo de gaitas ata o Parador de Turismo “San Telmo” de Tui onde tivo lugar a entrega dos premios dos concursos de carteis e de fotografía convocados por ambos municipios ao abeiro dos actos conmemorativos deste 125 aniversario e de seguido participaron nun xantar oficial ofrecido por ambos concellos.

Esta xornada do 25 de marzo de 2010 ficará como unha data histórica a conmemorar no futuro pois ambas localidades de Tui e Valença asinaron oficialmente a súa irmandade, amosando o camiño da cooperación entre pobos transfronteirizos.

Gabinete de Comunicación do Concello de Tui, 2011-03-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES