Notas de prensa

Tres alumnos galegos, galardoados nos Premios Nacionais de FP Superior

Foi recoñecido o traballo de estudantes do IES de Ferrolterra (en fabricación mecánica), A Piringalla (na familia formativa de informática) e do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela (en química).

Tres alumnos galegos dos IES de Ferrolterra (Ferrol), A Piringalla (Lugo) e do CIFP Politécnico de Santiago recolleron en Madrid o premio nacional de Formación Profesional de grao superior, en recoñecemento ao traballo realizado no curso 2008/2009. A Consellería de Educación, representada pola subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, Carmen Cimadevila, acompañou a estes estudantes no acto de entrega de galardóns, que se celebrou na sede do Ministerio de Educación, en Madrid.

Respecto das familias profesionais nas que destacaron os premiados, Rubén Díaz, do IES Ferrolterra, fíxoo na de fabricación mecánica; mentres que o alumno Diego Muñoz, do IES A Piringalla, obtivo o galardón polo seu traballo na familia profesional da Informativa. Pola súa parte, Salvador Blanco, do Politécnico de Santiago, foi recoñecido polos seus estudos na familia profesional da Química.

A representante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mostrou a satisfacción do departamento educativo da Xunta de Galicia polo recoñecemento a estes estudantes. Neste sentido explicou que galardóns como este dan conta da calidade da Formación Profesional galega, e do alto nivel de cualificación dos seus titulados. Asemade destacou o impulso que a Consellería está a dar a través da aprobación de novos currículos adaptados á Lei de Cualificacións Profesionais, o que facilita a inserción laboral dos titulados. Cómpre recordar ademais que a FP está a pasar por un bo momento, no que é recoñecida e valorado no eido tanto educativo como profesional, sendo unha opción de formación académica que cada vez adquire máis presenza e recoñecemento.

Así mesmo, Cimadevila destacou que a excelencia amosada polo alumnado, así como os seus altos niveis de empregabilidade, dan pulo ás estratexias de posta en valor da FP que se están a desenvolver desde a Consellería.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-03-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES