
A consulta realizada ten consideración de ditame preceptivo, segundo establece o propio regulamento deste organismo. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu esta sexta xuntanza do Consello galego de voluntariado. O departamento autonómico convocou a reunión por dúas razóns: para abordar a Lei galega de acción voluntaria e para presentar a programación para o Ano europeo do voluntariado.
No Consello están representadas ademais da propia Consellería, a través dos seus directores xerais- as entidades galegas de acción voluntaria, as entidades locais, o Consello Galego da Xuventude, as organizacións sindicais e a Confederación de empresarios de Galicia.
Tanto a conselleira como o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, expuxeron os detalles do anteproxecto de Lei, co fin de consultar o seu parecer aos asistentes, que emitiron todos un voto favorable e presentaron algunhas alegacións que serán estudadas para incorporar ao texto.
Neste sentido, Mato destacou que a elaboración deste anteproxecto partiu da premisa de contar co máximo consenso posible. Por iso, durante a súa redacción xa se contou coas preto de 800 entidades inscritas no Rexistro de entidades de acción voluntaria para recoller as súas alegacións. Ademais, con este mesmo obxectivo, o borrador estivo dispoñible para facer alegacións na web de Voluntariado.
O obxectivo é dotar ao voluntariado dun marco normativo propio, que sirva para mellorar a cantidade e calidade da acción voluntaria en Galicia, resumiu a conselleira. Trátase dun texto novidoso e moderno, que incorpora as novas visións da Unión Europea, e que actualiza a normativa actual, que data do ano 2000.
Ademais, é unha lei completa, que abrangue desde a formación en voluntariado ata o fomento da acción voluntaria en todos os eidos da sociedade. Tamén achega instrumentos de planificación e regula o propio Consello Galego de Acción Voluntaria, ademais de crear o Observatorio galego da acción voluntaria.
Un dos puntos principais deste anteproxecto é que prevé que os voluntarios poidan acreditar a súa experiencia a través de certificacións. Así, introduce a posibilidade de que os voluntarios e voluntarias poidan obter certificacións da súa participación en distintas actividades, a fin de poder acreditar un historial persoal que valide e recoñeza a experiencia adquirida.
Ademais, o anteproxecto integra como sector novo de actuación da acción voluntaria o fomento de novas tecnoloxías e incorpóranse novas accións de fomento do voluntariado. En concreto, preténdese lograr unha maior continuidade temporal do compromiso das persoas voluntarias, así como promover o voluntariado nos centros educativos e fomentar a acción voluntaria corporativa que desenvolven as empresas no seu contorno económico e social.
Con respecto á programación do Ano europeo do voluntariado, Mato destacou que Galicia será a encargada este ano de organizar o Congreso estatal de voluntariado, que permitirá a Galicia converterse no epicentro da acción voluntaria de toda España, difundir o noso labor neste eido e vinculalo ao Camiño de Santiago. De aí o lema Camiños de solidariedade, que terá este Congreso.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.