Notas de prensa

O Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía interésase polo Cetal

Os responsables do INL visitan as obras das novas instalacións do Cetal e interésanse en futuras colaboracións.

Os responsables do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL) de Braga, en Portugal, visitaron as obras das novas instalacións do CETAL, en San Fiz. Na visita estiveron ademais o vicerreitor Adxunto de Investigación, Pablo Ramil; la directora del Grupo e investigación de análisis sensorial de la USC, Ángeles Romero; e o coordinador RIAIDT, Julio A. Seijas, guiados en todo momento polo director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, un técnico de obra e a delegada de TRAGSA na provincia lucense.

José Rivas (Director do INL) e Paulo Freitas (Vice Director do INL) amosaron especial interese en establecer liñas de colaboración co CETAL, xa que no INL desenvolven proxectos de aplicación de nanotecnoloxía no ámbito agroalimentario. Así pois, mostráronse abertos a futuras xuntanzas e convidaron a Eduardo Vidal a visitar o laboratorio en Braga. Destacaron a relevancia dun centro coma o lucense, non no a nivel galego, senón estatal. Ademais ratificaron a importancia das innovacións que incluía a construción e estrutura da nova sede da Fundación.

Pola súa parte, o director do CETAL manifestouse agradecido polos eloxios dos visitantes e recordou que o INL conta cunha superficie de 26.000 metros e cun importante equipo de profesionais que traballan en laboratorios, sumamente avanzados. Do seu labor dixo “a nanotecnoloxía permite atopar solucións vangardistas e eficientes en ámbitos como a bioloxía molecular, a bioquímica, as matemáticas, a informática. A súa vez, sirve para resolver dende problemas ambientais aos problemas médicos; e, mesmo, para crear aparatos novidosos nestes campos”.

Jessica Pintor (Gabinete de Comunicación do Cetal), 2011-03-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES