
Tivo lugar en Tui a presentación do Seminario Internacional “125 anos da Ponte Internacional, unindo xentes, territorios e culturas” que organizado pola Aula da UNED de Tui, co patrocinio do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença, desenvolverase o venres 18 e sábado 19 de marzo nestas cidades fronteirizas, comunicadas por este ponte que agora celebra os 125 anos da súa inauguración.
Participaron neste acto Ana Isabel Vázquez Reboredo, secretaria do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, xunto ao concelleiro de cultura do Concello de Tui, Moisés RodrÃguez Pérez e un dos coordinadores do Seminario, Rafael Sánchez. Salientaron nas súas intervencións o alto interese deste encontro que reúne un amplo abano de relatorios e comunicacións que abordarán o estudo desta ponte metálica e das relacións entre Galicia e Portugal que atopan nesta obra de enxeñerÃa o seu mellor sÃmbolo.
RodrÃguez Pérez agradeceu á Aula da UNED de Tui o esforzo na organización deste Seminario que reunirá en Tui a prestixiosos especialistas e investigadores convertendo, nunha nova oportunidades, como hai 125 anos, ás localidades de Tui e Valença en protagonistas das relacións transfronteirizas luso galaicas. Neste sentido o concelleiro de cultura tudense animaba aos veciños e veciñas de Tui e Valença a asistir as sesións académicas deste Seminario pois en contadas oportunidades estas cidades teñen acollido un encontro destas caracterÃsticas multidisciplinares. Finalmente, o concelleiro tudense valoraba o esforzo que a Cámara de Valença e o Concello de Tui realizan na organización deste Seminario que forma parte do amplo programa de actividades organizado conxuntamente para conmemorar estes 125 anos da Ponte Internacional.
As persoas matriculadas neste Seminario terán recoñecido con un crédito de libre configuración e 0,5 créditos ECTS, estando en trámite os eu recoñecemento pola ConsellerÃa de Educación. As persoas interesadas poden realizar xa a súa inscrición por un importe de 40,00 euros neste Seminario a través de : http://www.extensionUNED.es/actividad/2413 , esta inscrición da dereito a obtención do correspondente tÃtulo. Pero a asistencia ás sesións deste seminario é libre e gratuÃta para todos os interesados.
Nas sesións deste Seminario está prevista a participación como relatores de LuÃs DomÃnguez, director da cátedra da Eurorrexión da Universidade de Vigo, Carlos Nardiz Ortiz, catedrático da ETS de Enxeñeria da Universidade da Coruña, MarÃa Rita JardÃm do Museu Nacional Ferroviario de Lisboa, Lourdes Montero Mesa, catedrática de didáctica da Universidade de Santiago de Compostela, Albino Prada Blanco, profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Vigo, Marta Cendón Fernández, profesora de arte da Universidade de Santiago de Compostela, e Pedro Nuno Meda Magalhães da Associação Portuguesa Amigos do Caminho de Ferro.
Completan o programa un total de 17 comunicacións artelladas en catro mesas redondas a celebrar ao longo destas xornadas, nas que participaran profesores universitarios, investigadores e especialistas en diversas materias vinculadas ás relacións luso-galaicas. As sesións deste Seminario terán lugar o venres 18 de marzo no Salón de Actos da Aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingos, namentres que o sábado 19 as sesións terán lugar no auditorio da Cámara Municipal de Valença do Minho.
Estase a celebrar a Asemblea Xeral anual de NECSTouR, a rede de rexións europeas centrada en promover o turismo sostible e competitivo. A xuntanza que se desenvolve baixo o lema 'Turismo e cultura: da creación ao legado -construÃndo territorios resilentes e conectados' ten lugar estes dÃas en Bourges, no Val de Loira (Francia), e no marco da mesma, a entidade vén de acordar a celebración da vindeira cita anual en Galicia coincidindo co Xacobeo 2027. En NECSTouR están representadas un total de 44 rexións europeas e 32 organizacións académicas, asociacións e redes de empresas de turismo sostible, que representan a 19 paÃses europeos.
Alfonso Rueda anunciou que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario. Esta regulación para a 'educación do futuro', que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de 'sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados' no caso de probas a distancia sen supervisión docente. Neste sentido, cómpre lembrar que esta Lei incorporará outras medidas destinadas a responder os retos presentes e futuros da educación, como que a comunicación entre profesores e familias se produza só a través de Abalar, a prohibición de gravar clases sen autorización, ou a regulación do uso da intelixencia artificial ou do móbil nas aulas.