Notas de prensa

A Delegación Territorial de Lugo promove a igualdade “liberando” máis de 300 libros a través de asociacións de mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, e a delegada territorial, Raquel Arias, puxeron en marcha esta iniciativa de “bookcrossing” na provincia. A presentación da obra “Historia das mulleres en Galicia” e a proxección dun vídeo completaron o programa de actos.

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo foi escenario dun programa de actividades sobre a igualdade que contou coa participación de arredor dunha vintena de asociacións de mulleres de toda a provincia.

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, e a delegada territorial, Raquel Arias, foron as responsables de conducir o acto, “orientado –segundo destacou esta última- cara a tres obxectivos: Reivindicar a dimensión das mulleres na historia, a dimensión da muller no mundo laboral, e a dimensión na muller na literatura”.

O evento, desenvolvido con motivo da recente celebración do Día Internacional da Muller, serviu para dar o pistoletazo de saída a unha “solta” de libros ou “bookcrossing” que “liberarᔠmáis de 300 libros, tanto novelas como poesía, biografías ou investigacións que arroxan luz sobre diversos aspectos da historia e das circunstancias das mulleres.

Así mesmo, a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, presentou a colección “Historia das mulleres en Galicia”, coordinada pola catedrática de Historia Moderna da Universidade de Compostela (USC), Ofelia Rey Castelao. A secretaria xeral explicou que esta obra ten como obxectivo “cubrir un baleiro historiográfico: o referido á traxectoria histórica das mulleres galegas desde que hai rastros arqueolóxicos ou escritos ata os nosos días”.

Nesta obra as protagonistas “son as mulleres” que, maioritariamente alleas do devenir dos acontecementos políticos, “teñen como referentes vitais outros fitos, outros escearios”, por iso, a riqueza da información e o interese histórico das mulleres en Galicia, fai desta colección “un referente no panorama da historiografía galega e tamén peninsular, ademais de vir a encher un baleiro que podía, e debía, ser cuberto xa”, concluíu a secretaria xeral.

No transcurso do acto proxectouse o vídeo “Mulleres XX”, un documento que amosa o camiño percorrido polas primeiras traballadoras do sector téxtil, do conserveiro, as primeiras redeiras, as mestras, as lavandeiras, as médicas ou as xornalistas, invitando a reflexionar sobre a incorporación das mulleres a profesións tradicionalmente consideradas masculinas.

No caso da Delegación Territorial de Lugo, o programa posto en marcha quere reivindicar o papel da muller dende unha tripla perspectiva, tal e como indicou Raquel Arias: “afondando na dimensión das mulleres na historia, recollida na obra “Historia das mulleres en Galicia”; incidindo na dimensión da muller no mundo laboral, coa proxección dun vídeo que reflicte a incorporación das mulleres a profesións tradicionalmente consideradas masculinas, e poñendo de manifesto a dimensión da muller na literatura, rescatando obras de mulleres e libros sobre mulleres, que falan das súas circunstancias e valores, da súa historia colectiva e individual”.

Cruzando libros

A delegada territorial, Raquel Arias, destacou tamén a posta en marcha dunha iniciativa de “bookcrossing”, unha iniciativa na que colaboran todas as consellerías a través das súas respectivas xefaturas territoriais en Lugo, o que serve como exemplo da carácter “transversal desde o que se quere desenvolver todo o programa posto en marcha na Delegación Territorial de Lugo con motivo da celebración do Día da Muller”, segundo indicou Arias.

Esta actividade de cruce de libros, que se iniciou durante a xornada de hoxe, suporá a posta en circulación máis de 300 libros que contan historias de mulleres: Novelas, biografías ou investigacións que arroxan luz sobre diversos aspectos da historia e das circunstancias das mulleres. A delegada territorial pediu ás representantes de asociacións e medios de comunicación presentes que, como parte activa desta iniciativa, levasen libros para, unha vez lidos, soltalos en lugares públicos e facilitar que outras persoas poidan disfrutar dos mesmos.

Arias indicou que, dende a Delegación Territorial, enviaranse tamén lotes de libros aos Centros de Información á Muller da provincia e outros centros xuvenís ou culturais. Ao longo deste mes de marzo, a propia representante do Executivo galego entregará diversos lotes nos desprazamentos a distintos puntos da provincia, en concellos, asociacións ou centros administrativos. “Queremos que a palabra das mulleres chegue o máis lonxe posible a mulleres e homes, e farémolo grazas ao impulso de todas”, agregou a delegada territorial.

Vivir a diferenza

Na clausura do acto, Marta González lembrou que a campaña institucional deste ano da Xunta de Galicia para conmmerar o 8 de marzo, que ten o lema “Vivir a diferenza, Garantir a Igualdade”, esta dedicada ás mulleres con discapacidade, xa que elas son vítimas dunha dobre discriminación, “por ser mulleres e pola súa discapacidade”.

A responsable de Igualdade do goberno galego sinalou que dende a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia “seguiremos traballando para lograr unha sociedade na que a igualdade entre homes e mulleres sexa real”, e para iso, dixo, “é fundamental lograr erradicar a violencia de xénero e lograr que a conciliación entre a vida familiar e laboral e a corresponsabilidade entre homes e mulleres deixe de ser un obxectivo e se converta nunha realidade”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES