Notas de prensa

Mario Conde será o preogeiro das festas de San Telmo 2011, en Tui

A concellería de cultura do Concello de Tui informa que o tudense Mario Conde Conde será o pregoeiro, o 23 de abril, das festas patronais da cidade de Tui deste ano 2011.

Mario Conde é unhas das personalidades máis relevantes da vida social española das últimas décadas. Avogado, empresario, financeiro cunha traxectoria de grande relevancia, truncada en 1993 logo do chamado “caso Banesto” polo que foi condenado. Na actualidade, tras o cumprimento da súa condena está centrado na súa actividade como empresario e como editor que compaxina coa súa participación en diversas tertulias televisivas e con edición de varios libros, tanto de memorias como sobre temas de espiritualidade, que teñen resultado éxitos de vendas.

Pero na traxectoria de Mario Conde salienta a súa especial relación con esta cidade na que naceu o 14 de setembro de 1948 e coa que mantén unha estreita relación, tanto polas numerosas amizades que conserva na cidade, como por decidir que repousen no cemiterio da nosa cidade os seus familiares máis directos. Cómpre resaltar que grazas ao seu apoio a Fundación Cultural Banesto editou en 1992 unha obra singular “Inventario de recursos do Baixo Miño”, traballo elaborado polo Módulo de Promoción e Desenvolvemento do Baixo Miño e que conforma unha obra de consulta imprescindible sobre a nosa comarca.

O Concello de Tui recibe con agrado a aceptación por parte de Mario Conde deste convite para realizar o pregón das festas pois a súa figura posúe unha alta capacidade mediática e contribuirá de xeito eficaz á difusión da nosa cidade e as súas festas patronais. Certamente este atractivo deriva, en boa medida, da súa polémica traxectoria pero tamén ten asumido as súas responsabilidades, comenta o concelleiro de cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez.

O acto de lectura do pregón das festas de San Telmo terá lugar no Teatro Municipal de Tui o sábado 23 de abril de 2011.

No seguinte enlace http://www.marioconde.org/foro/mario/biografia/ pódese consultar a súa biografía con numerosas referencias á súa vida en Tui.

Gabinete de Comunicación do Concello de Tui, 2011-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES