Notas de prensa

Vidal afirma que o futuro é de quen teña capacidade real de controlar os custes de produción de leite

O director do Cetal di que, no caso de Galicia, tamén dependerá da capacidade para incorporar valor á produción que hoxe céntrase na UHT sen apenas marcas de leite galegas no mercado e ningunha en productos como o iogur.

O director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo participou na cuarta edición das Xornadas Técnicas de Produción de Leite, organizadas por AFRIGA E AFRICOR LUGO.

Eduardo Vidal incidiu en que “o futuro é de quen teña capacidade real de controlar os seus custes de produción. No caso específico de Galicia, tamén, da capacidade para incorporar valor a unha produción, hoxe por hoxe, centrada na UHT. Non temos marcas de leite galegas no mercado (apenas 3 ou 4 referencias en leite sobre máis de 200 na gran distribución e ningunha en produtos de maior valor como o iogur). Constatamos, tamén, en análises feitas polo CETAL, que as únicas marcas que garanten futuro para o noso sector produtor son as vinculadas ao territorio; isto é as ligadas as producións con denominación de orixe, na actualidade os queixos; aquí temos, logo, unha liña xenérica de actuación”.

Galicia produce 2.200 millóns de litros de leite, grazas a unhas 13.000 explotacións que supoñen uns 660 millóns de euros e un 37% do total da produción española.

En relación á produción doutros países Galicia, e o Estado español, teñen unha produción deficitaria. Dentro dos 21 países colocados á cabeza en produción de leite Nueva Zelanda ocupa o primeiro posto cun excedente de 18,6 millóns de toneladas; o cal deixa a nosa produción como anecdótica dentro do mercado mundial.

Así mesmo, a porcentaxe de variación anual da produción láctea no período 2000-2005 reflicte que Europa non se moveu, estancouse; namentres medraron os produtores africanos, os dos países do leste, os asiáticos e os de Norte e Sudamérica.

As importacións chinas de leite enteira en po (WMP) chegarán a unhas 400.000 toneladas en 2011, un incremento do 260% en dous anos. As importacións chinas de leite en po desnatada (SMP) creceron nos últimos 5 años ao ritmo do 22% anual, (2005-2009) e alcanzarán as 100.000 toneladas en 2011.

Entre as conclusións do director do CETAL atopamos que o futuro está na capacidade de producir leite ao menor custe (1). “Os principais problemas do sector produtor da Cornixa Cantábrica son a distribución toma o leite como produto reclamo a través das súas propias marcas; que existe gran incerteza nas políticas sectoriais, o que dificulta a adecuada planificación e toma de decisións por parte dos gandeiros; que os gandeiros non realizan estudos sobre a viabilidade económica das inversións que realizan; que utilizan demasiado penso; e que o sector produtor non afonda na cadea de valor”, dixo.

Afirmou, ademais, que non estamos producindo leite ao menor custe (2). “A distribución toma o leite como produto reclamo a través das súas propias marcas; a industria está centrada no leite líquido e non en outros produtos de máis valor engadido”. Neste senso, lembra que CLAS é a primeira central leiteira española é supón tan só 0,9 millóns de toneladas de leite procesado, o 0,1% da produción mundial.

En canto a Galicia, o 80% do leite producido aquí, máis de 1.710.000 toneladas, dedícanse á elaboración de UHT. Entre 750.000 e 800.000 toneladas destínanse á elaboración de UHT / MDD. En canto aos queixos, a produción é equivalente a 64 millóns de litros; só o 3% da cota V.I. de Galicia.

Por último engadiu que “a nosa industria (Galega/Española) é moi débil (Volume/Produto/Marca) (3) e que os recursos públicos para I+D+i medran a menor ritmo no sector agroalimentario (4)”.

Sobre este último aspecto explicou que a contribución da innovación no sector lácteo deberá encamiñarse de cara á

1. diminución de custes de produción mediante investigacións en:
Pastos e forraxes.- Xestión / colleitas / cultivos
Nutrición.- Formulación / novos complementos
Ãndices reprodutivos.- Idade primeiro parto / intervalo parto-parto
Mellora xenética.- Potencial xenético e alimentación / lonxevidade produtiva
Sanidade.- Prevención de enfermidades / benestar animal
Valorización de residuos.- Enerxía / fertilización

2. ao incremento de valor da produción primaria:
Alimentación do gando e propiedades funcionais / Leite ecolóxica
Potencial de cebo e recría / Terminación desvelle
Seguridade alimentaria / Calidade / Trazabilidade

3. No incremento de valor da produción industrial:
Queixos DOPs / Queixos funcionais
Valorización Residuos / Novos produtos
Seguridade alimentaria / Calidade / Trazabilidade

“O reto para Galicia é evitar o exceso de intensificación e de dotarse dun tecido de explotacións competitivas e perdurables, grazas a uns custes de produción controlados, limitando a sensibilidade á relación leite/prezo dos alimentos”, insistiu.

En canto aos proxectos do CETAL neste ámbito, Vidal detallou que están executando e porán en marcha, a curto prazo, proxectos enmarcados nestas tres liñas xenéricas de actuación:

• Diminución de custos de produción.
• Transferir valor a leite UHT.
• Desenvolvemento do sector queixeiro.

Sobre a primeira liña de actuación (diminución dos custes de produción) a Fundación luguesa ten varios proxectos en marcha: o proxecto REXXI, no que asesoran á Deputación Provincial de Lugo na posta en marcha da maior instalación pública de recría de xovencas do Estado español, e “que permitirá, non so a redución dos custes de recría, senón, tamén, emprender diversos proxectos de investigación nos campos da xenética e da reprodución, que contribuirán a deseñar unha vaca competitiva no sector lácteo do século XXI.

No campo da valorización dos residuos gandeiros (un custe de produción crecente no futuro) están a dar os primeiros pasos nun proxecto de gran envergadura, no que xunto coa valorización enerxética, trátase de obter valor do seu potencial como fertilizante, inclusive en cultivos biolóxicos.

Na liña dirixida a dotar de valor a leite UHT, o CETAL está nun proxecto de largo alcance, o proxecto ALGAS-VALECO, que busca avaliar o potencial das algas de arribazón como suplemento alimenticio no gando vacún de leite ecolóxico, especialmente como suplemento alimentario particularmente rico en minerais esenciais.

Tamén no leite ecolóxico o CETAL acometeu o primeiro estudo elaborado en España sobre a cadea de valor, fundamental para introducir melloras tecnolóxicas ou incluso organizativas no sector.

Por último, na terceira liña básica de actuación, a referente á potenciación dos queixos galegos con Denominación de Orixe, o CETAL está dando os primeiros pasos nun ambicioso proxecto de largo alcance e enfoque integral. O proxecto QUESOS tres Eses. As tres eses de Sabor, Seguridade e Saúde. Nel estudan as rutas metabólicas con incidencia no sabor e no aroma; os novos métodos de detección e eliminación de patóxenos; e a potencialidade prebiótica, probiótica e funcional do queixo.

O CETAL, ademais, asegura Vidal “ten claro, dende o principio, que o fundamental e traballar en rede e en colaboración con outros entes e organismos que aporten valor aos proxectos e polo tanto aos seus resultados de aplicación no sector”. Así nos proxectos citados xunto co CETAL participan distintos entes como pode ser o CSIC ou a USC, por citar tan só algúns deles.

Gabinete de Comunicación do Cetal, 2011-03-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES