![]()
A comparsa Avatar de Pexegueiro cunha fiel representación da película James Cameron fíxose co primeiro premio no Desfile Concurso de Entroido, e a súa carroza unha espectacular representación dun paxaro voador animado. O segundo premio absoluto foi para Cantos Somos cunha representación do 125 aniversario da ponte internacional e do irmanamento entre Tui e Valença. Esta comparsas de Tui levouse tamén o segundo premio en carrozas por unha minuciosa representación da vella Ponte Internacional. Dende Salceda a comparsa O Borralliño de Soutelo co circo levouse o terceiro premio absoluto. O cuarto correspondeu aos Budas Macanudos de Gondomar, e o cuarto foi para o Show de Luar de Caldelas. Sextos foron Luces de Tomiño por unha parodia dos exipcios.
Xa en carrozas levouse o terceiro premio o circo do Borraliño de Soutelo, e cuarto o dinosaurio de Pexegueiro con A Caza do dinosaurio, o quinto foi para as representacións dunha esfixie, e outros motivos exipcios de Luces de Tomiño, e o buda de os Budasmacanudos levouse o sexto premio en carrozas.
Xa en acompañamento musical o primeiro premio correspondeu a Avatar, o segundo foi para Cantos Somos e o terceiro para o Show de Luar.

Por último no premio especial de fantasía creado este ano Revolución Show de Tomiño levouse o galardóns pola súa fantasía indú.
Miles de persoas ateigaron as rúas novas de Tui para presenciar o paso deste Desfile-Concurso de Entroido que organiza anualmente a Concellería de Cultura. A boa climatoloxía con temperaturas moi agradables propiciou que numeroso público se achegase dende primeira hora da tarde a presenciar o paso das comparsas e dos grupos.

Todas as comparsas e grupos participantes deben acudir o próximo domingo ao Enterro do Bacallau que vai saír ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.