O Centro Superior de Hostelería de Galicia recibe o luns 14 de febreiro aos 20 chefs que participan na IV edición de Formación de Xóvenes Profesionais en Gastronomía Española organizada polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). O programa formativo, de oito meses de duración e estruturado en tres etapas, conta con chefs procedentes de Reino Unido, Suíza, Alemaña, Suecia, Dinamarca, Rusia, EEUU, Canadá, Brasil, México, Hong Kong, Xapón, Australia, India e Singapur.
Os profesores do departamento de cociña formarán a estes profesionais na elaboración de diferentes receitas da gastronomía galega durante toda a xornada, de 9 da mañá a 6 da tarde. Á hora de xantar, o grupo disfrutará dos pratos que se elaboren acompañados de viños das diferentes Denominacións de Orixe galegas. Ao finalizar as sesións prácticas, os xóvenes chefs asistirán a unha cata de conservas dirixida pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO).
As quince receitas que se elaborarán son: empanada de bacallau con pasas, mexillóns, ameixas á mariñeira, polbo á feira, grelos, cachelos, caldo galego, raia cocida con patacas, caldeirada de pescada, carne ao caldeiro, orellas de Entroido, tarta de queixo, tarta de Santiago e pedras de Santiago.
O programa foi creado en 2007 polo ICEX en resposta á crecente proxección internacional da gastronomía española que, nos últimos anos, tense consolidado como referencia de creatividade e capacidade de innovación en técnicas culinarias, dando a coñecer a gran diversidade e calidade dos nosos produtos máis emblemáticos. Dende aquela, xa se formaron nos mellores restaurantes de España un total de 47 xóvenes chefs.
Con este ambicioso programa de formación búscase familiarizar aos futuros profesionais de alto nivel cos produtos estrela españois, de forma que se obteña unha maior proxección internacional dos mesmos e se potencie a súa exportación. Asemade, preténdese crear unha rede internacional de profesionais con contactos na alta restauración española, que poden servir de punto de apoio para eventuais procesos de internacionalización deste sector como restaurantes filiais no exterior, proxectos de asistencia técnica ou consultoría. E por último, perséguese transmitir no exterior unha imaxe moderna e actual de España, aproveitando o excelente momento e a proxección internacional dun sector como o culinario.
Jordi Cruz visita o CSHG
O cociñeiro Jordi Cruz fará unha demostración de uso dos coitelos da marca Arcos o luns, día 14, de 11 a 13 horas para os alumnos de 1º de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña. Jordi Cruz conta cunha exitosa carreira profesional, foi o chef español máis novo en conseguir a distinción dunha estrela Michelín, cando dirixía a cociña do restaurante Estany Clar de Cercs (Barcelona), aos 25 anos. Desde o 2002 non deixou de recibir premios como o Campionato de España para Xóvenes Chefs, o Campionato de España para Xóvenes Valores ou o de Cociñeiro do Ano na súa primeira edición (2006).
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.