Notas de prensa

A Deputación de Lugo definirá en dous meses o novo modelo de coordinación turístico provincial

O presidente anuncia que en marzo se celebrarán as distintas mesas por sectores para que en abril se constitúa o novo instrumento destinado non só a promocionar Lugo, senón tamén a axudar ó sector privado a atopar novas vías de comercialización. Clausurouse o congreso Destino Lugo.

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján, e o Concelleiro de Protección da Comunidade de Lugo, clausuraron o 1º Congreso de Turismo “Destino Lugo”, que se celebrou dende onte no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e no que prestixiosos representantes deste sector a nivel europeo e nacional analizaron a situación pola que atravesa o turismo lugués e as posibles alternativas para impulsar este sector, xa que Lugo é a provincia na que máis aumentou o número de visitantes en 2010. Neste senso, Gómez Besteiro anunciou que o organismo que preside comezará a desenvolver en marzo as distintas mesas por sectores que permitirán presentar en abril o novo modelo de coordinación do turismo provincial.

O máximo mandatario provincial subliñou que “todos sabemos que “xuntos aforramos máis”, polo que ter varios organismos facendo o mesmo dispara o gasto, confunde ó consumidor e duplica esforzos. Na actualidade o turismo de Lugo perde folgos entre organizacións sen ánimo de lucro, empresas privadas, padroados, oficinas municipais... Trátase de ir de abaixo para arriba e non o contrario porque temos que conseguir facer de Lugo un destino turístico”.

A aposta de futuro é crear un modelo dinámico e capaz de non só promocionar a provincia, senón tamén de vendela e de que se convirta nun instrumento que lle axude ó sector privado a atopar novas vías de comercialización, establecendo unha rede profesional. “Precisamente, segundo os datos publicados en días pasados sobre o paro, desvelábase que o turismo é un dos nichos de emprego desta provincia”.

Tradicionalmente as administracións adoptaron decisións de costas ó sector, vendendo destinos turísticos que non tiñan despois servizos ou paquetes correspondentes para os visitantes. “O que hoxe demandan os turistas non é coñecer unha capela ou unha praza, senón que lles ofrezamos a posibilidade de vivir unha experiencia, conseguindo que o gasto que fagan os visitantes sexa rendible para Lugo”.

Ademais, a través da Área de Turismo, este ano elaborarase unha guía que aglutinará as experiencias turísticas da provincia. Trátase da primeira iniciativa que se realiza en Lugo destas características e inclúese dentro do Plan Director de Turismo 2008-2011 impulsado pola Deputación para crear un sector coordinado e profesional, partindo da formación, sensibilización e unidade da sociedade, ó tempo que se configura como un instrumento que lles permite ós Concellos mellorar a súa oferta turística, tanto na concepción estratéxica do sector como no deseño de políticas de promoción e comercialización.

Desenvolvemento do encontro

Durante estes dous días prestixiosos representantes deste sector a nivel europeo e nacional analizaron a situación pola que atravesa o turismo lugués. Na sesión participaron os representantes deste sector de varias cidades españolas con ampla experiencia no tema como: Valladolid, Segovia, Palma de Mallorca e Barcelona. Na sesión de onte expuxéronse as distintas experiencias de países tan punteiros en promoción turística como Inglaterra ou Finlandia, a través das ponencias dos directores de Desenvolvemento Turístico de Gran Bretaña, James Turner, e do Director da empresa encargada da organización de vendas do suroeste de Finlandia, Anne Marget Niemi de Turku. A segunda parte, consistiu nun debate no que profesionais e administracións implicadas no sector analizaron as distintas alternativas de coordinación para a promoción da provincia como destino turístico. No foro participaron a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján; os Presidentes do Padroado Provincial de Turismo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Julio Álvarez e José María Real, respectivamente; a Presidenta da Asociación de Turismo Rural de Lugo Sur, Carmen Martínez; e o seu homólogo na Mariña, Manuel Vicente.

En total, ademais dos ponentes, participaron representantes do sector turístico público e privado de Lugo, ademais de Alcaldes e Concelleiros, representantes do sector da hostalería, casas de turismo rural, oficinas de turismo, restauración, fundacións comarcais ou empresas especializadas nesta materia.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2011-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES