A Deputación acolle o 1º Congreso de Turismo Destino Lugo, que se celebra na provincia e no que participarán prestixiosos representantes deste sector a nivel europeo que analizarán a situación pola que atravesa o turismo lugués. O encontro está pensado para coñecer as distintas experiencias de países tan punteiro en promoción turística como Inglaterra ou Finlandia, e para crear un espazo de debate no que profesionais e administracións implicadas no sector no analicen distintas alternativas de coordinación para a promoción da provincia como destino turístico.
O Congreso dará comezo coa presentación do Plan Director de Turismo 2008-2011 da Deputación e coas ponencias dos directores de Desenvolvemento Turístico de Gran Bretaña, James Turner, e do Director da empresa encargada da organización de vendas do suroeste de Finlandia, Anne Marget Niemi de Turku. A segunda parte consistirá nun debate no que participarán a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján; os Presidentes do Padroado Provincial de Turismo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Julio Álvarez e José María Real, respectivamente; a Presidenta da Asociación de Turismo Rural de Lugo Sur, Carmen Martínez; e o seu homólogo na Mariña, Manuel Vicente. O debate será retransmitido en directo a través da páxina web de turismo da Deputación: www.lugoterra.com.
O encontro rematará o día 10 coa participación dos representantes deste sector de varias cidades españolas con ampla experiencia no tema como: Valladolid, Segovia, Palma de Mallorca e Barcelona.
Nestes momentos, a organización conta con máis de 130 persoas inscritas do sector turístico público e privado de Lugo, ademais de Alcaldes e Concelleiros, representantes do sector da hostalería, casas de turismo rural, oficinas de turismo, restauración, fundacións comarcais ou empresas especializadas nesta materia. O Congreso tamén contará co servizo de tradución simultánea.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.