Notas de prensa

Concellos, Xunta e Asociación de Amigos do Ferrocarril organizan na comarca unha exposición para conmemorar o centenario da liña ferroviaria Ferrol-Betanzos en 2013

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, mantivo unha xuntanza cos representantes dos Concellos de Narón, Neda, Cabanas, Pontedeume e cos da Xunta de Galicia con motivo da preparación das actividades que se celebrarán para conmemorar o centenario da liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos en 2013.

Fene e Paderne disculparon a súa ausencia delegando o seu voto. Uns actos que contan tamén coa colaboración da Asociación Ferrolterra Amigos do Ferrocarril, presente na xuntanza desta mañá, e a quen a edil agradeceu o traballo desinteresado que está a realizar. O programa contempla exposicións de material fotográfico, filatélico e histórico, ciclos de conferencias e mesas redondas sobre o ferrocarril, viaxes promocionais en colaboración con RENFE ou ciclos de cine con temática sobre o ferrocarril.

Nesta liña, a edil lembrou que o Concello de Ferrol preside a comisión organizadora dos actos de centenario, da que forman parte os concellos polos que discurre esta liña de ferrocarril e a Asociación Ferrolterra Amigos do Ferrocarril. Así, e segundo explicou, na xuntanza se abordaron, entre outros asuntos, o orzamento que se destinará ás placas conmemorativas que se outorgarán en todos os eventos que se organicen co gallo desta conmemoración, ou a necesidade de xestionar con diferentes administracións subvencións e colaboracións para poder levar a cabo as iniciativas previstas. Unha delas é a exposición que do 1 ao 15 de febreiro se poderá ver no Pazo da Cultura de Narón -anteriormente estivo aberta ao público no Centro Cultural Carvalho Calero- e, no mes de marzo, en Fene. A dita mostra, que percorrerá os diferentes concellos implicados nesta conmemoración, está composta por fotografías antigas e modernas do ferrocarril Ferrol-Betanzos, maquetas, ferramentas antigas, material de oficina (cuños, o reloxo da estación antiga de Ferrol...), e todo tipo de documentación relacionada co ferrocarril.

Os Concellos de Ferrol, Betanzos, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Mugardos, Fene e Neda están a traballar desde hai meses xunto coa Asociación Ferrolterra Amigos do Ferrocarril e a Xunta nesta programación, que contempla así mesmo unha serie de conferencias que serán impartidas nos diferentes municipios por diferentes expertos ata o ano 2013. Entre estes, Xaime Barreiro Gil, director xerente da Fundación dos Ferrocarrís Españoles; María Xosé Porteiro, directora do Museo do Ferrocarril Madrid-Delicias; Luis Blanco Gómez, presidente da Fundación dos Ferrocarrís de Galicia; José Luis López Sangil, decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais da Coruña ou Miguel Rodríguez Bugarín; director xeral de Mobilidade.

A estas charlas engadiranse novos actos, entre os que figura unha viaxe nunha locomotora de vapor micado do ano 1928 desde Betanzos a Ferrol, prevista para o 5 de maio de 2013, coincidindo co aniversario. Un ferrocarril histórico que foi restaurado e forma parte do Museo do Ferrocarril de Galicia, ubicado en Monforte. Unha grande exposición na Feira de Mostras poría fin ao calendario de actividades, que se irán perfilando en sucesivas reunións de traballo como a mantida onte no Concello de Ferrol.

Concello de Ferrol - Alcaldía - Gabinete de Comunicación, 2011-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES