Notas de prensa

Aberto novo prazo de inscrición na Uned-Sénior

Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2011 permanece aberto o prazo de inscrición na UNED Sénior para as clases do segundo cuadrimestre.

Aqueles maiores de 55 anos que queiran ter unha formación universitaria poderano facer a través do novo curso que a UNED Sénior de Xestoso-Cambás, Xermade,Irixoa,Guitiriz e Paderne está a proxectar para o vindeiromes de Febreiro. O período de inscricióncomenza hoxe e segue vixente ata que rematen as prazas e o comezo das clases previsto parao 2º cuatrimestre será a finais de febreiro. Un total de 135 alumnos y 255 asignaturas acuden ás clases e se espera que o número de participantes para 2º cuatrimestre se manteña ou aumente.

Os que queiran acceder aos cursos, non teñen que cumprir requisito algún en forma de niveles educativos, xa que a inscrición pode facerse con independencia da formación académica que posúan.

As materias que se impartirán serán Nutrición e Diétetica a Actividade física e incidencia en la saúde, ambas impartidas polo Doutor Marcelino Mosquera; ,Historia da gastronomia Galega e visitas por toda Galicia, por Felipe Senén; Informática 1 e 2, nas que se tratará o funcionamento de Internet, o correo electrónico e o tratamento da imaxe; e Música.
Cada unha das materias ten 30 horas lectivas e o seu prezo depedende do convenio con os concellos. Para poder formalizar a matrícula pode acudirse directamente ao Centro Asociado ou por medio da dirección web: http://www.quned.es/mvg/senior/acoruna.

Luis Angel Rodriguez Patiño, 2011-01-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES