
Novas Xeracións de Galicia ven de organizar, por segundo ano consecutivo, unha subasta benéfica a través de internet, coa que pretende recaudar cartos para as persoas máis necesitadas nunhas datas nas que, con máis intensidade, acordámonos daqueles que sofren e que precisan de tódala axuda posible.
Baixo o lema 'Campións da Solidariedade' a formación política xuvenil máis numerosa de Galicia porá en marcha esta misma noite a través de Ebay esta subasta na que ofertará obsequios como o maillot amarelo co que Óscar Pereiro competiu no Tour de Francia, unha camiseta de competición de David Cal , e camisetas oficiais firmadas polos clubes Celta de Vigo, Deportivo, Obradoiro CAB, Autos Lobelle FS, e Pontevedra CF.
A nota política ven da man de Alfonso Rueda, quen aporta a maquena da valla publicitaria da campaña das autonómicas do 2009 .
Tódolos interesados en participar na subasta, cuxos beneficios irán a parar a mans de Cáritas e Cruz Roja poden seguir os artículos a través dos enlaces que comezarán a publicarse na páxina web de Novas Xeracións (www.novasxeracions.com) a partires do mércores 29 de decembro as 10 da noite, e que estarán dispoñibles ata o 5 de xaneiro ata a mesma hora.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.