
Na feira de 2010 inscribíronse un total de 63 criadores. Como xa ven sendo tradicional, concedéronse tres premios: o do mellor par foi para o presentado por Milagros Lozano Pérez, de Goiriz que, según ela mesma comentou, este ano criou un total de 25 exemplares e que se amosou orgullosa do seu premio. O premio á mellor cesta de capóns foi para Oliva Souto, tamén da parroquia de Goiriz, e que levou á feira 40 capóns, aínda que para esta campaña criou 120 unidades. O terceiro premio, concedido ao mellor criador, foi para Aurora Lozano, da parroquia de Lanzós, que cebou 200 cabezas das que 100 as levou á feira e as restantes as vendeu aos seus clientes fixos.
E como tamén ven sendo tradicional, o presidente da Cofradía do Capón de Vilalba, Domingo Goás, adquiriu diversos exemplares cos que ao longo do ano ofrece diversas degustacións en distintos lugares de España co fin de promocionar este producto.
O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, Samuel Juárez, destacou a "calidade excelente" dos capóns presentados á feira e avogou por aumentar a produción e ampliar os mercados deste producto mantendo os altos niveis de calidade que presenta, e entendendo que pode comercializarse todo ano mesmo troceado e precociñado.
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.