
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, presentou, no IES Rosalía de Castro de Santiago, a unidade didáctica Fíos Violeta: convivir en igualdade, da que é autora a profesora María Hermelo, e que ten como obxectivo lograr que rapazas e rapaces sexan capaces de reflexionar desde a aula, e a través de material cinematográfico, sobre a secular desigualdade das mulleres, aquí e en tantas outras sociedades e culturas do mundo.
Na presentación, ademais da secretaria xeral da Igualdade e da autora da obra, estiveron o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, e a profesora dese mesmo centro Elena Gómez Galkina, que tamén coordinou a edición do traballo, así como os alumnos e alumnas de 4º curso da ESO.
Na súa intervención, Marta González, lembrou que hoxe en día a escola e os medios de comunicación son dous dos principais medios polos que as persoas, a xente máis nova, coñecen o mundo que lles rodea, máis aló da experiencia persoal e inmediata, en toda a súa complexidade e propoñen modelos de comportamento que son tomados como referentes por toda a sociedade, por iso, e necesario que a escola, ademais de proporcionar unha serie de coñecementos esenciais en materias diferentes, ensine a pensar criticamente, educando persoas para o exercicio dunha cidadanía tolerante, responsable e, queremos crer tamén, máis igualitaria e solidaria.
A influencia dos medios de comunicación non sempre é positiva na desaparición das ideas preconcibidas sobre mulleres e homes; moitas veces seguen mantendo unha imaxe estereotipada das mulleres destinada ao estímulo e incentivo comercial nesta sociedade de consumo, por iso é importante que o profesorado ensine a xente mais nova que entender é algo distinto do mero ver, sinalou a responsable de igualdade do goberno galego.
Neste sentido vai a unidade didáctica Fíos Violeta, na que a profesora María Hermelo ten traballado na procura de material cinematográfico a través do cal reflexionar desde a aula sobre a secular desigualdade das mulleres, aquí e en tantas outras sociedades e culturas do mundo.
Esa desigualdade, sinalou González, desemboca na maioría dos casos na violencia contra as mulleres precisamente por seren mulleres, aquela que chamamos violencia de xénero, da que temos múltiples exemplos en tantos sitios do mundo.
Fíos Violeta: Convivir en igualdade
A unidade didáctica Fíos Violeta:Convivir en igualdade está destinada ao profesorado e alumnado de educación secundaria obrigatoria, e foi deseñada dende unha perspectiva interdisciplinar, non pertence a ningunha disciplina concreta e pódese abordar dende a acción titorial, o currículo de Ética ou de Educación para a Cidadanía ou entroncalo con calquera outra área curricular. Ao mesmo tempo non é un material exclusivo da educación formal, a súa versatilidade permite a posta en práctica en calquera outro contexto onde o obxectivo de educar a favor da igualdade sexa prioritario.
A profesora Hermelo explicou que, sendo consciente da omnipresencia dos medios de comunicación e a preponderancia da imaxe audiovisual como axentes principais da construción, representación e valoración da realidade social, optou por partir do cine como recurso formativo, afondando no discurso da imaxe como portadora de valores e contravalores socioculturais.
As ficcións audiovisuais apelan directamente ás emocións, buscan que mozas e mozos empaticen coas realidades visualizadas e se convertan en persoas activas capaces de modificar as propias actitudes e construír unha xerarquía de valores singular e persoal. Por iso, Fíos Violeta convida á reflexión guiada nun contorno multisensorial a través da imaxe de varias películas coñecidas, textos e novas de actualidade sobre os mesmos temas tratados nas películas, coa finalidade de cuestionar crenzas e posicionamentos sobre o feminino e o masculino, en todas as culturas.
A presentación dos contidos temáticos responde a criterios que van dende o máis próximo á realidade do alumnado ata o máis afastado, son, en resumo, un conxunto de realidades todas presentes na vida cotiá de mozas e mozos que con frecuencia pasan desapercibidas e se asumen como naturalizadas.
A finalidade última de Fíos Violeta é lograr que rapazas e rapaces comprendan criticamente o mundo no que viven e actúen con criterio na procura do benestar individual e colectivos; mais para ser quen de actuar con criterio cómpre coñecer e xestionar as propias emocións, explicou Hermelo.
Marta González rematou a presentación lembrando que só a través do compromiso de todas as persoas, e moi particularmente da xente mais nova, seremos capaces de transformar o cotián; para a educación de persoas respectuosas e tolerantes coa diferenza e a diversidade o que é tanto como dicir que estaremos traballando para a desaparición da desigualdade e polo tanto para a erradicación da violencia de xénero.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.