Notas de prensa

O alumnado galego mellora os seus resultados no informe Pisa realizado pola OCDE

Galicia sitúase en todas as competencias por riba da media española e nos grupos intermedios respecto das Comunidades Autónomas. En comprensión lectora, a principal competencia avaliada, Galicia mellora 7 puntos.

O alumnado galego mellorou os seus resultados no último informe Pisa, realizado pola OCDE en 2009, e que proporciona resultados globais e niveis de rendemento en comprensión lectora, como materia principal, e nas competencias matemática e científica, como materias secundarias. A avaliación realizouse en 54 centros e participaron nela 1.585 alumnos.

Deste xeito, tal e como se desprende dos resultados feitos hoxe públicos, Galicia sitúase por riba da media española en comprensión lectora, cunha puntuación de 486 puntos, 7 máis ca no informe de 2006, e 5 máis que os 481 da media española. Nesta principal competencia analizada, e respecto das demais Comunidade Autónomas españolas, a galega sitúase no grupo nun grupo intermedio, xunto co País Vasco, Asturias, Cantabria e Murcia.

O informe Pisa 2009 analiza tamén, de forma secundaria, as competencias científica e matemática. En referencia á científica, Galicia obtén unha puntuación de 506 puntos, coa que se sitúa no grupo de cabeza, xunto coas Comunidades de Castela e León, A Rioxa, Navarra, e Madrid. Ademais, neste eido o alumnado galego obtén uns resultados 18 puntos por riba da media de España e 5 puntos superior da media da OCDE. En competencia matemática Galicia obtén 489 puntos, 6 por encima da media do Estado, e nun grupo intermedio no que tamén están Asturias, Cantabria, Cataluña e Murcia.

Tras coñecerse os resultados hoxe deste informe, o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, expresou a satisfacción da Consellería de Educación pola mellora na comprensión lectora, competencia que centraba a proba. Ademais,o director xeral valorou positivamente a tendencia alcista que se ven rexistrado nestes resultados do alumnado galego, e comprometeuse a que a Consellería seguirá a traballar para obter mellores resultados nas vindeiras probas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-12-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES