Notas de prensa

Leticia Blanco, gañadora do Certame de Novos Creadores de Moda Tesoira 2010

A deseñadora pontevedresa foi recoñecida tamén coa Mención de Honra ao Deseño máis Creativo e a Mención de Honra do Euroclustex pola súa colección Oxford versus Cambridge. Patricia Avendaño presentou a súa nova colección.

Un auditorio cheo recibiu aos dez finalistas de Tesoira deste ano nun certame no que se amosou un ano máis o talento da xuventude galega. A colección “Oxford versus Cambridge” de Leticia Blanco, foi a gañadora desta edición. A deseñadora de Poio levouse o máximo galardón de Tesoira cunha proposta na que apostou pola elegancia e a búsqueda do pracer e o individualismo. O segundo premio, foi a parar ás mans de Isabel Piñar coa colección “Future Looking- Back”. Por último, Alberto Neves levouse o terceiro premio e a Mención de Honra ao mellor comunicador coa colección “Leche, principio del proceso de la desnaturalización” .

“É todo un honor recibir este premio e os dous recoñecementos” declarou Leticia Blanco tras coñecer o fallo do xurado. “Este certame me vai permitir seguir avanzando na miña carreira profesional e continuar coa miña formación”, manifestou tras recibir o premio dotado con 3.000 euros e unha bolsa de formación no ámbito textil que recibiu da man da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. A segunda distinción foi entregada polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mentres que a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares fixo entrega do terceiro premio.

A gañadora do certame recibiu tamén de mans do responsable de relacións públicas de El Corte Inglés, Pati Blanco, a Mención de Honra o Deseño máis Creativo, premiado cun contrato en prácticas no departamento de deseño téxtil destes grandes almacéns. Así mesmo recibiu a Mención de Honra Euroclustex da man de Paulo Vaz, promotor xeral do proxecto Euroclustex. Este recoñecemento suporá a súa participación no salón de moda Modtíssimo de Porto o próximo mes de febreiro.

A proposta máis innovadora foi a da pontevedresa Eva Soto Conde coa súa colección “Paxaros na cabeza”, que recibiu a Mención de Honra ao Deseño máis Innovador da man de María Pereira, directora de programación da Obra Social de Caixanova, entregándolle á premiada un bono semestral para acudir ás actividades de teatro e danza da obra social. Por outra banda, o tercer premiado, Alberto Neves, tamén se levou a Mención de Honra ao Deseñador mellor Comunicador que otorgou a TVG da man do seu director de comunicación, Fernando Ojea, invitándoo ao dia seguinte a unha edición especial do programa “Solaina” que emitirá a canle con motivo da mostra.

O xurado, presidido pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, valorou a creatividade e o esforzo dos mozos unha vez rematada a mostra. Deste xeito, o deseñador Cristóbal Vidal González como membro do xurado analizou “o talento, traballo e a personalidade dos participantes, ademais do concepto propio de cada unha das coleccións, que definirá eventualmente a estes estudantes como futuros deseñadores de moda”. A deseñadora Pilar Bande e os xornalistas Fernando Franco, Ana Fuentes e Diego Pérez, completaron o xurado encargado de fallar os premios e as mencións de honra.

A pasarela Tesoira 2010 abriu con Diana Díaz e coa súa colección “We are” unha crítica a vaga de preciosismo que invade hoxe en día as fashion victims. A seguinte proposta da noite foi da man de Eva Soto coa colección "Paxaros na cabeza" que invitou aos centos de espectadores a reflexionar sobre ou arte do coleccionismo como símbolo de poder. O primeiro mozo da gala en amosar a súa proposta foi Javi Nogueira, con “A ilusoria demencia de Juana I de Castela”, na que buscou recrear a través de tecidos tradicionais e modernos a esta destacada personaxe histórica. A lucense Antía López propoñeu a continuación a colección "About the shirt" na que o concepto da camisa masculina foi a peza de inspiración. Pola súa banda, Raquel Pereiro reflexionou sobre a multiculturalidade a través do seu "Melting pot", unha proposta na que abordou a futura homoxeneización da sociedade. Os deseños de María Fente evocaron aos presentes a figura da actriz Marlene Dietrich coa colección “El ángel azul”. Alberto Neves foi o sétimo en amosar na pasarela de Vigo a súa proposta “Leche, principio del proceso de la desnaturalización” na que os lácteos serviron como fío condutor da temática. A el seguiulle Leticia Blanco con "Oxford versus Cambridge" no que a nova deseñadora abordou a busca do individualismo desta tribo urbana a través de gravatas, veludo e bombíns. Alba Bermúdez, presentou a súa colección "Apollo 11” na que abundaron os volumes neumáticos e na que procurou reproducir esta fazaña grandiosa da sociedade. A pasarela Tesoira 2010 pechou coa lucense Isabel Piñar e ou seu "Future - looking back" no que xogou con elementos de antigas culturas propoñendo unha estética futurista e innovadora.

Trala presentación das coleccións de Tesoira e mentres o xurado deliberaba, desfilaron polo escenario tres propostas creativas de deseñadores lusos. A súa participación, foi froito do proxecto de colaboración Euroclustex que a comunidade galega e o país veciño teñen en común para potenciar as relacións de cooperación no sector da moda. De esta forma, Portugal estivo representado por tres coleccións dos novos deseñadores Sonia Alves, Cristina Silva e Ana Fária, do Centro de Formação Profissional da Indústria Têxtil (CITEX) e finalistas do curso de moda do centro de formación profesional da industria textil de Portugal. De este xeito, este certame converteuse por primeira vez en plataforma de intercambio entre deseñadores lusos e galegos.

Por último, e como novidade deste ano, a deseñadora viguesa Patricia Avendaño mostrou a súa colección de festa que presentou na pasarela Gaudí e que poñerá o broche de ouro ao certame.

A gala retransmitiuse pola canle autonómica TVG e contou para a presentación do acto coa popular presentadora Sonia López.

Premios e mencións

O primeiro premiado levou 3.000 euros; o segundo premio 1.500 euros e o terceiro a 1.000 euros. Cada un dos tres galardoados contará tamén cunha bolsa de formación no ámbito téxtil por valor de 3.000 euros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-11-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES