Notas de prensa

Deputación e Caixa Galicia impulsan un programa formativo para a inserción laboral de inmigrantes e emigrantes lucenses

Gómez Besteiro e García Iglesias asinan un convenio de colaboración mediante o cal a entidade financeira aporta 90.000 euros ó desenvolvemento desta iniciativa.O programa complementa as accións da Casa do Emigrante que a Deputación levou a Viveiro e onde só en 2010 se atenderon a 2.500 persoas.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Director de Acción Social de Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a entidade financeira achega ó organismo provincial un total de 90.000 euros para a posta en marcha dun programa formativo dirixido ós inmigrantes e emigrantes retornados á provincia. Trátase dunha iniciativa coa que a Deputación busca a inserción laboral deste colectivo, e que complementa as accións levadas a cabo dende a Casa do Emigrante de Viveiro.

Gómez Besteiro subliñou que “hai 2 anos establecemos coa Casa do Emigrante unha ponte de unión e diálogo con este colectivo que agora ampliamos. Con este convenio, Caixa Galicia cumpre con Lugo ata o final”. Pola súa banda, García Iglesias salientou que “este acordo enmárcase dentro das liñas estratéxica da Fundación para a mellora dos colectivos máis desprotexidos. Hai que coidar á poboación inmigrante”

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, Lugo conta cuns 13.600 inmigrantes. Mentres, dende a Secretaría Xeral de Emigración, sitúan a cifra de emigrantes retornados á provincia durante o 2009 nas 270 persoas. Eles serían os beneficiados do programa co que a Deputación lles ofrece a formación necesaria para desenvolver os proxectos emprendedores, dirixidos ó autoemprego e a creación de empresas en Lugo.

Complementario ás accións da Casa do Emigrante

O organismo provincial outorga xa a este colectivo dende a Casa do Emigrante que levou a Viveiro a información precisa para potenciar este tipo de iniciativas. Deste xeito, no que vai de ano, esta oficina atendeu a 2.500 persoas. As principais consultas foron sobre as axudas laborais e de vivenda existentes na Comunidade. Da mesma forma, tamén se tramitaron centos de renovacións de regularización, partidas de nacemento, certificados de rexistro civil, e ata herdanzas de emigrantes ou fillos destes que seguen no país de acollida.

A Casa do Emigrante está a mellorar a comunicación da comunidade lucense co exterior, a impulsar actividades e servizos que promoven o axuste social e a integración en Galicia, así como a captar investimentos na provincia. Deste xeito, ademais de orientar ós inmigrantes e emigrantes lucenses ofrecendo tanto información económica como dos posibles investimentos en Lugo, está a desenvolver programas de acollida, educación reforzada, ou convivencia.

Agora, esta oficina está a deseñar, tendo en conta as profesións con maior futuro na provincia que detectou o Pacto Provincial polo Emprego da Deputación, así como o Primeiro Plan Estratéxico que precisamente elaborou o organismo provincial en colaboración con Caixa Galicia, este programa formativo que se desenvolverá, non só en Viveiro, senón tamén polos distintos Concellos lucenses.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2010-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES