
Galicia acolleu por primeira vez a celebración da décima Mesa de Calidade TurÃstica Española na que participan varios directores xerais de Turismo de toda España, nunha xuntanza na que Galicia exerceu de comunidade anfitrioa.
Os directores xerais de Turismo acudiron á invitación realizada pola SecretarÃa Xeral para o Turismo de realizar esta reunión de análise do sector turÃstico, coincidindo coa celebración do Ano Santo.
A Mesa de Calidade TurÃstica Española, que se celebrou por primeira vez o 13 de xullo de 2005, é o foro que asegura a participación das administracións e o sector empresarial nos proxectos de calidade turÃstica. É a primeira vez que Galicia participa nesta Mesa.
Ãs actuais comunidades permanentes da Mesa –Cantabria, Comunidade Valenciana e Illas Baleares-, sumáronse tamén nesta ocasión, xunto a Galicia, Murcia e PaÃs Vasco. A representación das comunidades neste foro realÃzase mediante quendas rotatorios de dous anos, o que posibilita que cada comunidade teña representación por perÃodos de catro anos.
Con posterioridade á celebración da Mesa, o director xeral de Turespaña, Antonio Bernabé, realizou a invocación ao Apóstolo, acompañado de todos os directores xerais de Turismo de España, na Misa do Peregrino.
O xoves 28 terá lugar tamén en Santiago a reunión ordinaria da Mesa de Directores Xerais de Turismo na que están representadas todas as Comunidades Autónomas españolas.
Calidade vs Cantidade
Mª Carmen Pardo resaltou, no caso da comunidade galega, a aposta pola calidade que se está realizando dende o seu departamento, plasmada no conxunto de ordes de axudas lanzadas ao sector, como por exemplo as relativas á potenciación e mellora do turismo rural, do turismo activo e de aventura, a dedicada á innovación, renovación e implantación da xestión da calidade ambiental dos campamentos turÃsticos ou a enfocada á potenciación do turismo de saúde, onde se fai fincapé na creación e mellora dos hoteis balneario e hoteis talaso, valorada en tres millóns de euros.
A coordinación e colaboración cos servizos de ordenación, inspección e fomento da SecretarÃa Xeral asà como o fortalecemento do sector a través do Plan de Calidade TurÃstica de Galicia son outras dos dous acordos máis importantes conseguidos na nosa comunidade.
Ademais Galicia conta tamén, dende maio pasado, cunha delegación do Instituto para la Calidad TurÃstica Española (ICTE). Neste sentido, Turgalicia actúa como interlocutor entre o instituto español e as entidades turÃsticas galegas, velando polo correcto desenvolvemento dos procesos de calidade, de acordo aos regulamentos e procedementos existentes nesta materia, asà como potenciar, promocionar e difundir a cultura da calidade en Galicia. Con esta son xa 22 o número de delegacións coa que conta o ICTE ao longo da xeografÃa española.
Turgalicia, dependente da SecretarÃa Xeral, rubricou tamén durante este ano distintos convenios de colaboración con asociacións turÃsticas galegas, co fin de fomentar a implantación da marca “Q” de Calidade TurÃstica nos sectores de axencias de viaxe, aloxamentos turÃsticos e restauración, a maior aposta dende a creación da Q, posto que o apoio da SecretarÃa Xeral vai para a certificación e a renovación, e aplÃcase a todos os diferentes subsectores turÃsticos.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.