Notas de prensa

Compostela acolle a II Noite da Enxeñaría Informática en Galicia

A factura electrónica da Consellería de Facenda; Pablo Santos Luaces, conselleiro delegado e fundador de Códice Software; o Clúster TIC de Galicia; 2014.gal Axenda Dixital e o enxeñeiro en informática Roberto Rey Expósito son os gañadores da edición deste ano.

O Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, acolle o venres 15 de outubro a partir das 20:30 horas a celebración da Segunda Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. O acto, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia co apoio de diversas empresas e institucións vencelladas ás novas tecnoloxías, ten como obxectivo recoñecer as iniciativas e persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática. Está previsto que participen uns 200 colexiados e colexiadas, ademais de destacadas autoridades dos eidos político e universitario. Os premiados na gala serán:

 Premio ao Proxecto Innovador: a factura electrónica da Consellería de Facenda.
 Premio á Traxectoria Profesional: Pablo Santos Luaces, conselleiro delegado e fundador de Códice Software.
 Premio Iniciativa Empresarial: Clúster TIC de Galicia.
 Premio Iniciativa da Administración: 2014.gal Axenda Dixital de Galicia.
 Premio Proxecto Fin de Carreira: Roberto Rey Expósito, co proxecto Deseño e Implementación dunha Biblioteca de Comunicacións en Java para Paso de Mensaxes sobre a Rede Infiniband. Esta modalidade conta cunha achega económica de 1.000 euros.

Agás no caso da persoa premiada co galardón ao Proxecto Fin de Carreira, os demais premiados recibirán unha estatuíña e un diploma acreditativo, sen dotación económica.

Para a organización desta Noite, o CPEIG contou coa colaboración e apoio económico de diversas entidades e empresas que operan no eido das novas tecnoloxías. Como patrocinadores de ouro: Hewlett-Packard, Telefónica, Bahía Software, Plexus, Altia, Atos Consulting, Everis, Bull e Xunta de Galicia. Como patrocinador de prata: Coremain.

Patrocinadores de bronce: Tecnocom, IECISA, T-Systems, Balidea e INSA. Así mesmo, a entidade La Caixa tamén apoia economicamente a Segunda Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

Os colexiados e colexiadas gozarán dunha noite ideada para o encontro e intercambio lúdico, que se pechará cunha cea no Hostal dos Reis Católicos. A entrega de premios, prevista para as 21:15 horas será conducida polo artista Miguel Lago –coñecido por ser o monologuista máis novo de todos os que actuaron ata o momento no Club de la Comedia e colaborador habitual da Paramount Comedy, ademais de actor no “reality” Curso del 63- e contará tamén coa actuación do grupo de música Alo-Django Alo-Django.

SumaComunicación, 2010-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES